Mazarico chiador: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
actualizo táboa +cat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36: Liña 36:


[[Categoría:Caradriformes]]
[[Categoría:Caradriformes]]
[[Categoría:Especies descritas en 1758]]
[[Categoría:Animais descritas en 1758]]

Revisión como estaba o 24 de maio de 2013 ás 16:02

Mazarico galego

Numenius phaeopus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Numenius'
Especie: ''N. phaeopus''
Nome binomial
'Numenius phaeopus'
(Linnaeus, 1758)

O Mazarico galego ou mazarico chiador (Numenius phaeopus) é un ave da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e Hábitos

Especie moi similar ó Mazarico real, aínda que máis pequeno ca este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6-9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso có do Mazarico Real. A súa envergadura oscila entre os 78-88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América. Caracterizándose polo extremo das ás de cor negro. É un ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a Tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos. No outono tamén baías silvestres.

Reprodución

A femia pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voas ás 5-6 semanas. O niño está no chan.

Distribución

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, Noroeste de Rusia e Países Bálticos. No inverno, pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a Costa do Levante) e a costa do Marrocos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Numenius phaeopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012.