María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Casa de Tudor mediante HotCat
JaviP96 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1516 mediante HotCat
Liña 84: Liña 84:
[[Categoría:Princesas consortes de Asturias|Maria I]]
[[Categoría:Princesas consortes de Asturias|Maria I]]
[[Categoría:Casa de Habsburgo]]
[[Categoría:Casa de Habsburgo]]
[[Categoría:Nados en 1516]]


{{Link FA|de}}
{{Link FA|de}}

Revisión como estaba o 21 de maio de 2013 ás 13:51

María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raiña consorte de Francia.
María I de Inglaterra e Irlanda
Raíña de Inglaterra e Irlanda
María I de Inglaterra, retrato feito por Antonis Mor, 1554.

Reinado19 de xullo de 1553 – 17 de novembro de 1558
Coroación1 de outubro de 1553
Nacemento18 de febreiro de 1516
Palacio de Placentia, Greenwich Inglaterra Inglaterra
Falecemento17 de novembro de 1558
Palacio de St James, Londres Inglaterra Inglaterra
SepulturaAbadía de Westminster, Londres
PredecesorXoana Grey ou Eduardo VI
SucesorIsabel I de Inglaterra
Cónxuxe/sPríncipe Filipe
Casa realCasa de Tudor
ProxenitoresHenrique VIII de Inglaterra
Catarina de Aragón

Escudo de María I de Inglaterra
Na rede
WikiTree: Tudor-2 Find a Grave: 1972 Editar o valor em Wikidata

María I (Mary I en inglés), nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi Raíña de Inglaterra e de Irlanda, da casa de Tudor, dende o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. Hoxe en día é lembrada pola súa tentativa de restablecer o catolicismo como relixión oficial, despois do movemento protestante iniciado nos reinados anteriores. Para iso mandou perseguir e executar a preto de 300 presuntos herexes, o que lle valeu o alcume de Bloody Mary (María, a sanguinaria). Moitas das súas iniciativas políticas nesta esfera foron abandonadas pola súa sucesora Isabel I trala súa morte.

Primeiros anos

María foi a quinta filla nada do primeiro casamento de Henrique VIII de Inglaterra con Catarina de Aragón e a única en chegar á idade adulta. Naceu no palacio de Placentia,sito no lugar de Greenwich e recibiu o bautismo poucos días despois do seu nacemento, tendo ao Cardeal Thomas Wolsey como padriño. Durante a súa nenez, María amosouse como unha rapaza precoz e fráxil, con mala visión e propensa a fortes xaquecas. O seu pai concedeulle unha corte de seu no Castelo de Ludlow e varias prerrogativas normalmente atribuídas ao Príncipe de Gales. A educación de María ficou a cargo da súa nai e de Margarida, Condesa de Salisbury (filla de George, Duque de Clarence), unha das mulleres máis cultas do seu tempo. A princesa aprendeu latín, castelán, francés, grego, ciencias, teoloxía e música. Aos catro anos xa tocaba á arpa. A cuestión do seu casamento foi motivo de manobras e negociacións diplomáticas dende moi cedo. Entre os seus pretendentes, elixidos de acordo aos interese políticos do pai, atopábanse: Francisco, Duque da Bretaña e herdeiro de Francisco I de Francia, o seu irmán máis novo e futuro Henrique II, o propio Francisco I e o emperador Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Entre tanto, o matrimonio dos seus pais atopábase en crise. Dende 1527 Henrique VIII tentaba anula-lo, co obxectivo de casar con Ana Bolena, quen lle parecía máis apta para producir un fillo home. Tódalas tentativas para que Roma o declarase nulo fallaron na súa contra. No inicio de 1533, Thomas Cranmer, Arcebispo da Cantuaria, declarou o casamento con Catarina de Aragón inválido, tornando lexítimo o recente casamento con Ana Bolena. Para evitar un apelo de Catarina ao Papa, Inglaterra cortou as relacións co Vaticano e Henrique VIII foi declarado xefe da nova Igrexa Anglicana. Para María, estes eventos tiveron consecuencias drásticas. De princesa de Inglaterra e herdeira da coroa, pasou a ser considerada filla ilexítima con tan só o dereito de tratamento de Lady Mary. Trala disolución da corte de Ludlow, María converteuse na dama de compañía da súa irmá acabada de nacer: Isabel. Ademais foi afastada da súa nai, séndolle prohibida a súa visita, e en 1536, a asistencia ao seu funeral. Este tratamento foi interpretado como inxusto na Inglaterra e no resto da Europa da época, contribuíndo á crecente impopularidade de Ana Bolena.

Trala execución de Ana Bolena en 1536, tamén Isabel foi declarada ilexítima, uníndose a María na condición de ex-princesa. Jane Seymour, a madrasta seguinte, deu a luz ao tan desexado herdeiro: o futuro Eduardo VI de Inglaterra, afastando definitivamente, a María e a Isabel como herdeiras do trono. A derradeira muller de Henrique VIII, Catarina Parr, conseguiu reconciliar ao rei coas súas fillas e, en 1544, a pesares de ser consideradas ilexítimas, María e Isabel foron recoñecidas polo Parlamento como segunda e terceira na liña de sucesión. Trala morte do seu pai, Henrique VIII, a maioría dos privilexios de María fóranlle de novo restablecidos, porén, María rexeitou en todo momento converterse á fe anglicana, permanecendo fiel á relixión católica.

Durante o reinado do seu irmán, Eduardo VI, o Parlamento aprobou a Acta de Uniformidade, que abolía os rituais católicos en favor do novo servizo protestante. María pediu entón permiso para asistir á misa católica, o que lle foi denegado. Sen desistir, María acudiu a Carlos V, quen ameazou con declarar a guerra a Inglaterra se lle fose denegada a liberdade relixiosa de María. Respondendo ás ameazas de Carlos, Eduardo VI e os seus rexentes cederon permitíndolle asistir aos servizos que desexase, sempre que fose en privado.

A Princesa María en 1544, por Master John

Ascenso ao trono

Eduardo VI morreu en 1553, mentres María se atopaba en Londres. No seu testamento excluía ás súas irmás, María e Isabel da sucesión, privilexiando a Xoana Grey, bisneta de Henrique VII de Inglaterra por vía feminina e nora do Duque de Northumberland, o rexente e conselleiro de Eduardo VI. Estas disposicións contradicían a Acta de Sucesión de 1544, que determinaba que María debería suceder a Eduardo, no caso de que este morrese sen descendencia. Porén, Xoana Grey foi proclamada raíña a 9 de xullo dese mesmo ano, a pesares do forte rexeitamento popular. María sempre fora estimada polo pobo debido ao tratamento inxusto que sufrira, contaba tamén co apoio dalgúns nobres. Tan só nove días despois, o Parlamento rebocaba o testamento de Eduardo VI, considerado feito baixo presión, e declaraba a María raíña de Inglaterra e Irlanda. A nova monarca entrou en Londres o 3 de agosto, acompañada pola súa irmá Isabel, baixo a aclamación popular. Unha das súas primeiras accións foi mandar executar ao Duque de Northumberland, quen tivera planeado o golpe. Despois, remodelou aos conselleiros reais, afastando a todos os aliados de Northumberland. Xoana Grey, o seu pai, o Duque de Suffolk e o marido Guilford Dudley foron apreixados máis postos en liberdade pouco despois.

María foi coroada raíña na Abadía de Westminster o 1 de outubro de 1553. O servizo foi efectuado polo Bispo de Winchester, Stephen Gardiner, e non polo Arcebispo da Cantuaria, posto que era protestante.

Reinado

A primeira Acta do Parlamento baixo o mando de María foi validar retroactivamente o casamento de Henrique VIII de Inglaterra con Catarina de Aragón, repondo a súa lexitimidade.

Amañadas as cuestións inmediatas, María, daquela con 37 anos de idade, comezou a procurar marido para asegura-la descendencia. Nun principio parecía inclinada en aceptar a Eduardo Courtenay, Conde de Devon, porén, mudou de idea cando o seu curmán, o EmperadorCarlos V suxeriulle ao seu único fillo, o Príncipe Filipe. Tanto o Parlamento como os seus principais conselleiros pregáronlle que reconsiderase a decisión, xa que temían que o casamento causase a perda de independencia de Inglaterra baixo a temida España católica. Ante isto, María mantívose firme, o que iniciou unha onda de protestas populares que ameazaba revolta. O Duque de Suffolk decidiu entón subornar coa coroa a Isabel, a irmá da raíña, sendo apoiado pola revolta popular de Thomas Wyatt. A tentativa foi esmagada. Sendo Wyatt e Suffolk executados, xunto a Xoana Grey, quen nada tiña que ver coa rebelión. A Princesa Isabel, como beneficiaria da manobra, converteuse no branco da sospeita sendo apreixada na Torre de Londres. Filipe de España esixiu que fose executada para eliminar futuras conspiracións. A pesares das intencións de Filipe, María negouse a asinar a orde, decidindo no seu lugar botar á súa irmá da corte, apreixándoa baixo cadea domiciliaria.

Filipe II de España

María e Filipe casaron o 25 de xullo de 1554 na Catedral de Winchester. Nos termos do contrato, Filipe pasou a ser designado como Rei de Inglaterra. O seu casamento cun herdeiro estranxeiro e católico marcou a fin da popularidade da raíña entre os ingleses, orgullosos da súa independencia. María, porén, ficou extremadamente feliz coa súa unión con Filipe II, once anos máis novo ca ela. No mes de novembro de 1554, pensou que quedara embarazada, descubríndose máis tarde que fora un embarazo psicolóxico. Despois de pasar catorce meses en Inglaterra, Filipe decidiu volver a España baixo un falso pretexto; xa que, ao contrario que María, el non tiña interese ningún nela.

A raíña entón adicouse ao seu proxecto persoal de reverter a ruptura con Roma establecida polo seu pai e o establecemento do protestantismo establecido polo seu irmán Eduardo VI. Reginald Pole, un cardeal católico, foi nomeado conselleiro persoal e Arcebispo da Canterbury. Xuntos aboliron as reformas relixiosas de Eduardo VI e deron comezo ao que hoxe en día se coñece como as persecucións marianas. Nos tres anos seguintes preto de 300 persoas foron queimadas na fogueira por herexía incluíndo a Thomas Cranmer (ex Arcebispo da Canterbury), Nicholas Ridley (ex-bispo de Londres) e o reformista Hugh Latimer. Estes actos, dos cales María non foi a única responsable moral, valéronlle o alcume de Bloody Mary e o aumento da súa impopularidade entre os ingleses. Nos vindeiros reinados, a súa memoria foi vilipendiada, en parte pola propaganda relixiosa protestante. John Foxe escribiu un libro titulado The Actes and Monuments of these latter and perilous Dayes, touching matters of the Church, wherein are comprehended and described the great Persecution and horrible Troubles that have been wrought and practised by the Romishe Prelates, Epeciallye in this Realme of England and Scotland, from the yeare of our Lorde a thousande to the time now present, abreviadamente The Book of Martyrs, onde basicamente transformaba a María nunha vilá, a pesares de que a súa irmá Isabel, máis tarde equilibrou a balanza das persecucións en favor dos protestantes.

Filipe volveu a Inglaterra en 1557, despois de ter herdado a coroa de España e o control dos Países Baixos trala abdicación do seu pai, co obxectivo de convencer a María para entrar nunha guerra contra Francia. María concordou, a pesares da forte obxección popular. Como resultado da guerra, as tropas inglesas foron derrotadas, perdendo Inglaterra a posesión de Calais, a derradeira reliquia das posesións continentais inglesas, que en tempos incluían a Normandía e a Aquitania. Como resultado da volta de Filipe, María volveu a sufrir un embarazo psicolóxico, chegando a ditar no seu testamento onde Filipe era nomeado rexente de Inglaterra mentres a criatura non nacese.

Morte

María morreu en novembro de 1558, probablemente de cancro de útero ou dos ovarios, sendo sucedida pola súa irmá a princesa Isabel, quen acreditaba ter conseguido converterse ao catolicismo. Foi soterrada na Abadía de Westminster, onde, máis tarde, Isabel tamén sería soterrada. Na inscrición da súa tumba lese Compañeiras no Trono e na Sepultura, aquí descansan dúas irmás, María e Isabel, na esperanza dunha resurrección conxunta.


Predecesor:
Xoana Grey
 Raíña de Inglaterra e Irlanda 
1553 - 1558
Sucesor:
Isabel I de Inglaterra

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA