Dakar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 106 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3718
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 62: Liña 62:
En [[1869]] prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dacar, que queda moi seriamente afectada por unha [[epidemia]] de [[cólera]], que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o [[17 de agosto]]. En [[1875]], Dacar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de [[Rufisque]], situada a uns 25 km ao suroeste de Dacar, o que freaba o crecemento urbano de Dacar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para [[1876]] elabórase un novo catastro da cidade, que en [[1878]], xa conta cuns 1.500 habitantes.
En [[1869]] prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dacar, que queda moi seriamente afectada por unha [[epidemia]] de [[cólera]], que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o [[17 de agosto]]. En [[1875]], Dacar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de [[Rufisque]], situada a uns 25 km ao suroeste de Dacar, o que freaba o crecemento urbano de Dacar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para [[1876]] elabórase un novo catastro da cidade, que en [[1878]], xa conta cuns 1.500 habitantes.


O [[17 de xuño]] de [[1887]] prodúcese un acontecemento destacado na historia da cidade que accede á categoría de comuna definitivamente independente da da illa de Gorea. O primeiro alcalde da cidade, que tomou posesión o [[9 de decembro]] dese mesmo ano, foi Jean Alexandre. Rapidamente Dacar acadou un estatus que lle fixo quedar asimilada a unha [[Comunas de Francia|comuna francesa]], cos seus habitantes tendo os mesmos dereitos que os franceses metropolitanos.
O [[17 de xuño]] de [[1887]] prodúcese un acontecemento destacado na historia da cidade que accede á categoría de comuna definitivamente independente da da illa de Gorea. O primeiro alcalde da cidade, que tomou posesión o [[9 de decembro]] dese mesmo ano, foi Jean Alexandre. Rapidamente Dacar acadou un status que lle fixo quedar asimilada a unha [[Comunas de Francia|comuna francesa]], cos seus habitantes tendo os mesmos dereitos que os franceses metropolitanos.


Nos últimos anos do [[século XIX]] e primeiros do [[século XX]], a cidade coñece unha serie de importantes obras públicas relativas a infraestruturas (porto e [[ferrocarril]], especialmente), que aceleran o seu desenvolvemento. En [[1902]], a cidade substituíu a [[Saint Louis, Senegal|San Luís]], igualmente en Senegal, como [[capital (política)|capital]] da colonia da [[África Occidental francesa]].
Nos últimos anos do [[século XIX]] e primeiros do [[século XX]], a cidade coñece unha serie de importantes obras públicas relativas a infraestruturas (porto e [[ferrocarril]], especialmente), que aceleran o seu desenvolvemento. En [[1902]], a cidade substituíu a [[Saint Louis, Senegal|San Luís]], igualmente en Senegal, como [[capital (política)|capital]] da colonia da [[África Occidental francesa]].

Revisión como estaba o 19 de maio de 2013 ás 22:54

Véxase tamén: Rally Dakar.

Modelo:Cidade

Dakar ou Dacar é unha cidade africana, capital do Senegal. No ano 2005 s súa área metropolitana tiña 2.452.656 habitantes. Está situada na península de Cabo Verde, na costa Atlántica de África. A súa situación xeográfica no extremo oeste de África resulta vantaxosa para o tráfico marítimo con América e Europa, razón pola cal se desenvolveu alí o maior porto marítimo da rexión.

A cidade de Dakar formouse no contorno dun forte Francés, reemprazando a cidade de San Luís como capital da colonia francesa do oeste en 1902. Foi a capital da federación Malí entre 1959 e 1960, converténdose despois na capital do Senegal.

Entre os séculos XVI e XIX, Dakar foi o maior centro para o tráfico de escravos cara a toda América. O goberno senegalés restaurou e transformou en museo o forte de Estrées na illa de Gorée, onde levaban os escravos para ser vendidos en poxa e enviados en barco.

Na actualidade Dacar ten os servizos de Universidade, porto, escala aérea, industrias, etc.

Dakar foi até 2007 o punto de chegada do Rally Dakar que se corre a principios de cada ano. A cidade acolle tamén a bienal de arte africana Dak'Art. A última edición celebrada foi no ano 2006.

Ficheiro:PorteMillénaire.JPG
La nouvelle mosquée et la Porte du Troisième millénaire.
Dacar, dividida en 19 comunas.

Historia

A historia da cidade de Dacar en tanto que tal é moi recente, dada a proximidade no tempo da súa fundación. Non obstante, si se dispoñen de datos acerca do territorio sobre o que actualmente se asenta a cidade.

Antes da colonia francesa

Mapa de Senegal en 1770, feito polo cartógrafo Guillaume Delisle, que mostra a península de Cabo Verde, sobre a que posteriormente se asentaría o moderno Dacar.

En diversos puntos da estreita península de Cabo Verde, sobre a que se encontra edificada a cidade, atopáronse diversos vestixios arqueolóxicos que testemuñan presenza humana desde o Paleolítico, en forma de presenza esporádica, e desde o Neolítico, en forma de residencia permanente.

Os puntos concretos nos que se localizaron restos ou xacementos arqueolóxicos son, até o momento: a punta dos Almadies, e Ouakam dentro da península, e Hann ou Bel-Air nas zonas ao leste da cidade.

Os primeiros habitantes da zona do actual Dacar acerca dos cales dispoñemos de información sabemos que pertencían á etnia dos mandingos. O explorador portugués Dinis Dias, durante a viaxe que efectuou en 1444 pola fachada atlántica do continente africano,[1] alcanzou o lugar máis occidental de África, a península de Cabo Verde, que denominou así pola luxuriante vexetación que puido contemplar. Foi pois a poboacións mandingas a quen Dinis Dias encontrou vivindo no lugar.

Cara a finais do século XV iníciase unha inmigración cara á zona de pescadores de etnia lebu, que foxen do reino de Takrur, ao nordeste do río Senegal. Cara ao século XVII o poboado que fundaron debía contar cunha trintena de cabanas.[2] Isto debíase a que os europeos se sentían neses momentos máis interesados na illa de Gorea, que o portugués Dinis Dias bautizara inicialmente como Palma, e que cambiou de mans sucesivamente unha quincena de veces, entre portugueses, ingleses, holandeses (quen a denominaban Goed Reed, bo porto ou boa rada), e franceses. Da denominación holandesa da illa, Goed Reed, deriva directamente o nome da illa de Gorea.[3]

Os franceses ocuparon a illa de Gorea desde 1677, chegados alí desde a próxima San Luís, fundada en 1659.

Respecto de Dacar, o seu nome aparece por primeira vez nun mapa en 1750 elaborado polo botánico e naturalista francés Michel Adanson, sobre a península de Cabo Verde. En 1843 Dacar unicamente conta, segundo o testemuño de Paul Boutet,[4] con «algúns centenares de casas, todas construídas no mesmo estilo […], todas elas de canas, de forma cilíndrica e recubertas máis ou menos como os panais de abellas das nosas terras».

Dominio colonial francés

Mapa da península de Cabo Verde, coa cidade de Dacar, no ano 1863.

A clase dominante na illa de Gorea, formada polas signare mulatas, sentíase cada vez más abafada debido á densidade de poboación alcanzada na illa polo que, entre 1846 e 1848, a signare Anna Colas Pépin e o seu cónxuxe François de Saint Jean, quen era naquelas alcalde de Gorea, solicitaron reiteradamente a creación dunha nova cidade no continente, a construír concretamente no actual Dacar. Outro motivo era que xa non temían os posibles ataques do damel do reino de Cayor, a quen as tropas francesas mantiñan a raia.

No mesmo documento solicitábanse axudas, con motivo da abolición da escravitude que se vía inminente, para conseguir terras e axudas financeiras para os seus servidores escravos. Isto fixo que unha parte dos propietarios de terreos urbanos na nova cidade de Dacar fosen ex-escravos das signare.

A cidade de Dacar foi fundada por orde do xeneral francés Louis Faidherbe en 1857,[1] nunha rexión que xa fora escenario, desde o século XV, dun activo comercio de escravos.[3] De feito, a partir de 1848, coa prohibición da escravitude, o interese polo porto protexido da illa de Gorea declinara, e comezou o interese potencial pola localidade de Dacar, na costa continental, con maiores posibilidades de crecemento e expansión comercial.[3] Con anterioridade á fundación da cidade xa existira alí un pequeno destacamento militar francés.

Con todo, o auténtico fundador da cidade foi o tenente coronel enxeñeiro Émile Pinet-Laprade, quen deseñou o primeiro plano da cidade e as súas rúas, elaborándose o primeiro catastro da cidade en 1858. Para o faro das Mamelles, as obras iniciáronse en 1859, mentres que as obras do porto principiaron en 1860.

Fresco nun edificio de Dacar de Blaise Diagne (1872-1934), alcalde de Dacar, primeiro africano na Asemblea Nacional Francesa e primeiro africano en ocupar un ministerio en Francia.

En 1869 prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dacar, que queda moi seriamente afectada por unha epidemia de cólera, que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o 17 de agosto. En 1875, Dacar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de Rufisque, situada a uns 25 km ao suroeste de Dacar, o que freaba o crecemento urbano de Dacar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para 1876 elabórase un novo catastro da cidade, que en 1878, xa conta cuns 1.500 habitantes.

O 17 de xuño de 1887 prodúcese un acontecemento destacado na historia da cidade que accede á categoría de comuna definitivamente independente da da illa de Gorea. O primeiro alcalde da cidade, que tomou posesión o 9 de decembro dese mesmo ano, foi Jean Alexandre. Rapidamente Dacar acadou un status que lle fixo quedar asimilada a unha comuna francesa, cos seus habitantes tendo os mesmos dereitos que os franceses metropolitanos.

Nos últimos anos do século XIX e primeiros do século XX, a cidade coñece unha serie de importantes obras públicas relativas a infraestruturas (porto e ferrocarril, especialmente), que aceleran o seu desenvolvemento. En 1902, a cidade substituíu a San Luís, igualmente en Senegal, como capital da colonia da África Occidental francesa.

Prosegue o crecemento da poboación, que xa ascende a uns 18.500 habitantes en 1904, para ser xa de 25.000 en 1909, momento no que a cidade é xa o primeiro porto de Senegal.

O político senegalés Blaise Diagne, quen chegou a ser o primeiro ministro francés de raza negra, foi alcalde de Dacar entre os anos 1920 e 1934, ano da súa morte. A inicios do seu mandato, en 1921, a cidade tiña 32.440 habitantes, dos que 1.661 eran de orixe europea; polo contrario, a illa de Gorea, en continuo declive en número de habitantes, contaba con 700 habitantes en 1926. Isto fixo que Gorea pasase a depender definitivamente de Dacar, inverténdose a situación histórica, en 1929.

Nos anos 1920 e 1930 prodúcese unha inmigración procedente do Líbano, igualmente baixo dominio colonial de Francia, que supón a continuación da que xa se rexistraba desde os años 1890 na cidade de [[Saint Louis, Senegal|San Luís. Trátase dunha inmigración vinculada ao comercio, especialmente ao pequeno e mediano establecemento comercial.

En 1929, concretamente o 31 de marzo, ten lugar a inauguración da catedral de Dacar. Armand-Pierre Angrand, que sería alcalde de Dacar tras Blaise Diagne, ofreceu unha das campás da catedral, conxuntamente coa súa familia.

Batería costeira na illa de Gorea, que foi utilizada durante a batalla de Dacar contra a Royal Navy e os seus aliados da Francia Libre por parte das forzas da Francia de Vichy, aliada do Terceiro Reich.

Durante a Segunda Guerra Mundial, tras a derrota en xuño de 1940 do Exército francés ante a Wehrmacht na batalla de Francia, Francia solicitou un armisticio, o Armisticio do 22 de xuño de 1940, que levou o Goberno de Francia ao mariscal Philippe Pétain. Non obstante, o xeneral Charles de Gaulle efectuou a través das emisoras da BBC o Chamamento do 18 de xuño de 1940, que xerou a chamada Francia Libre que proseguiu a loita contra a Alemaña nazi. Con todo, a África Occidental Francesa, e con ela a súa capital, Dacar, non se adheriron ao chamamento de de Gaulle, prestando fidelidade ao novo réxime da Francia de Vichy.

En dito marco político e histórico tivo lugar a batalla de Dacar, o 25 de setembro de 1940, unha batalla naval polo control da África Occidental francesa, que supuxo o intento frustrado por parte das tropas da Francia Libre (as Forzas francesas libres) e dos Aliados de expulsar do lugar os homes do xeneral Pierre Boisson, que seguían fieis á Francia de Vichy aliada do Terceiro Reich. A batalla pretendía afastar os alemáns das colonias francesas do océano Atlántico, especialmente a súa flota submarina, ante a inminente batalla do Atlántico centrada en torno á ruta de subministración do Reino Unido. Con posterioridade á batalla produciuse a Operación Ameaza, un intento frustrado de desembarco en Dacar. Estes combates supuxeron o primeiro enfrontamento en combate dos franceses entre si desde a creación da Francia Libre.

Xa finalizada a guerra, Dacar recibiu a visita do presidente de Francia Vincent Auriol, a primeira que efectuaba un xefe de Estado de Francia a un territorio colonial na África negra.[5] Nesas datas a cidade xa contaba cuns 135.000 habitantes.

O 26 de agosto de 1958, o xeneral Charles de Gaulle, sendo xa presidente de Francia, visita Dacar, sendo recibido á súa chegada por unha manifestación multitudinaria que esixe a independencia do país.

Tras a independencia

Finalmente, Francia concedeulle a independencia aos territorios da antiga África Occidental Francesa. Dacar, entre 1959 e 1960, foi a capital da efémera Federación de Malí, converténdose logo na capital do novo país de Senegal, desde o 4 de abril de 1960.

En 1964 construíuse a Gran Mesquita de Dacar, como símbolo de rexurdimento nacional da tradición relixiosa islámica fronte ao cristianismo que se asociaba ao colonialismo europeo e francés.

En xuño de 1978, Dacar acolleu a sede do Banco Central dos Estados de África do Oeste (BCEAO), que abandonou a súa anterior sede en París, para dotar o continente africano de maior protagonismo dentro da entidade.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 Diario El País (ed.). "Los gritos de la isla de Gorée" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2012. 
  2. René Vanlande: Dakar!, París, J. Peyronnet et Cie, 1941, 214 páxs. (páxina 18)
  3. 3,0 3,1 3,2 El Mundo (ed.). "Isla de Gorée. La isla de las mujeres" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2012. 
  4. Correspondencia de Paul Boutet, secretario do capitán de navío Bruat, citado por Vanlande, Dakar!, op. cit., p. 19
  5. Fonte: TV5 [1]
  6. Web do BCEAO [2]

Véxase tamén