Asemblea Nacional-Popular Galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3327308
Xas (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 17: Liña 17:
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]].
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]].


== Traxectoria ==
==Traxectoria==
Os seus principios eran a [[autodeterminación]], o [[autogoberno]], o [[anticolonialismo]], a [[democracia]] e o protagonismo das forzas políticas propias de [[Galiza]] e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do [[25 de xullo]]. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituiu a [[Asemblea Popular Galega]]. No seu III plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos na que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaria colexida, na que [[Lois Diéguez]] exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais 1979 a AN-PG sufriu unha restruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en [[1982]], dando paso á formación do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG).
Os seus principios eran a [[autodeterminación]], o [[autogoberno]], o [[anticolonialismo]], a [[democracia]] e o protagonismo das forzas políticas propias de [[Galiza]] e tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisional tras conseguir o poder. A AN-PG tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era quen convocaba as manifestacións do [[25 de xullo]]. Celebrou o seu I Plenario en abril de [[1976]] que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á [[UPG]], ese sector constituíu a [[Asemblea Popular Galega]]. No III Plenario celebrado en outubro de [[1977]] aprobou os seus estatutos nos que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaría colexida, na que [[Lois Diéguez]] exercía como portavoz. Logo das [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1979]] a AN-PG sufriu unha reestruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En [[1981]] sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en [[1982]], dando paso á formación do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG).


A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que [[Galicia]] era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituiu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como [[Darío Xohán Cabana]], [[Manuel María]], [[Emiliano Picouto]] ou [[Xesús Vázquez]].
A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que [[Galicia]] era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituíu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como [[Darío Xohán Cabana]], [[Manuel María]], [[Emiliano Picouto]] ou [[Xesús Vázquez]].


==Véxase tamén==
== Bibliografía ==
===Bibliografía===
*Manuel Anxo Fernández Baz, ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Laiovento, 2003
*Manuel Anxo Fernández Baz, ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Laiovento, 2003.


[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2013 ás 21:09

Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG)
Organización suprapartidaria da Galiza
Dirixentes e organización
LíderLois Diéguez
Historia
Fundación1974
Disolución1982
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
socialismo
nacionalismo
comunismo
independentismo, anticolonialismo, democracia

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Traxectoria

Os seus principios eran a autodeterminación, o autogoberno, o anticolonialismo, a democracia e o protagonismo das forzas políticas propias de Galiza e tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisional tras conseguir o poder. A AN-PG tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era quen convocaba as manifestacións do 25 de xullo. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituíu a Asemblea Popular Galega. No III Plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos nos que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaría colexida, na que Lois Diéguez exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais de 1979 a AN-PG sufriu unha reestruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en 1982, dando paso á formación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que Galicia era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituíu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como Darío Xohán Cabana, Manuel María, Emiliano Picouto ou Xesús Vázquez.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003.