Aecio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Modificado: es:Aecio
Liña 10: Liña 10:
[[Category:Historia de Italia]]
[[Category:Historia de Italia]]
[[Category:Roma Antiga]]
[[Category:Roma Antiga]]



[[bg:Аеций]]
[[bg:Аеций]]
Liña 17: Liña 16:
[[de:Flavius Aëtius]]
[[de:Flavius Aëtius]]
[[en:Flavius Aëtius]]
[[en:Flavius Aëtius]]
[[es:Flavio Aecio]]
[[es:Aecio]]
[[fi:Aëtius]]
[[fi:Aëtius]]
[[fr:Aetius]]
[[fr:Aetius]]

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2007 ás 20:21

Flavio Aecio, Xeneral romano, morto no 454. Orixinario da provincia de Moesia, era filla do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.

Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.

Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.

Para a súa desgraza, esta gran victoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454. Posteriormente a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.