Clamidiáceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
{{AP|Chlamydia}}
{{AP|Chlamydia}}


Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a ''[[Chlamydia]]'': [[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']], [[Chlamydia muridarum|''C. muridarum'']], e [[Chlamydia suis|''C. suis'']]. ''C. trachomatis'' encóntrase só en humanos, ''C. muridarum'' no hámster e no rato (familia de roedores [[Muridae]]), e ''C. suis'' no porco. As especies do xénero ''[[Chlamydia]]'' (tal como se define actualmente) producen cantidades moi pequenas de [[glicóxeno]] detectable e presentan dous [[operón]]s [[ribosoma]]is.
Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a ''[[Chlamydia]]'': [[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']], [[Chlamydia muridarum|''C. muridarum'']], e [[Chlamydia suis|''C. suis'']]. ''C. trachomatis'' encóntrase só en humanos, ''C. muridarum'' no hámster e no rato (familia de roedores [[Muridae]]), e ''C. suis'' no porco. As especies do xénero ''[[Chlamydia]]'' (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de [[glicóxeno]] detectable e presentan dous [[operón]]s [[ribosoma]]is.


[[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']] é a causante das infeccións por clamidias [[enfermidade de transmisión sexual|transmitidas sexualmente]] e tamén causan o [[tracoma]], unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.
[[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']] é a causante das infeccións por clamidias [[enfermidade de transmisión sexual|transmitidas sexualmente]] e tamén causan o [[tracoma]], unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.

Revisión como estaba o 17 de maio de 2013 ás 16:15

Clamidiáceas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Clase: Chlamydiae
Orde: Chlamydiales
Familia: Chlamydiaceae
Xéneros

Candidatus Clavochlamydia salmonicolaKarlsen et al. 2008
Chlamydophila
Chlamydia

As Clamidiáceas (Chlamydiaceae) é unha familia de bacterias que pertencen ao filo Chlamydiae, orde Chlamydiales. Todas as especies de Chlamydiaceae son Gram negativas e expresan un epitopo lipopolisacárido específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os xenes do ARN ribosómico de todas Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu ADN. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido doplásmido extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.

Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero actualmente distínguense dous xéneros e ou terceiro xénero candidato: Chlamydia, Chlamydophila e o Candidatus Clavochlamydia.[1]

Clasificación

Xénero Chlamydia

Artigo principal: Chlamydia.

Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a Chlamydia: C. trachomatis, C. muridarum, e C. suis. C. trachomatis encóntrase só en humanos, C. muridarum no hámster e no rato (familia de roedores Muridae), e C. suis no porco. As especies do xénero Chlamydia (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de glicóxeno detectable e presentan dous operóns ribosomais.

C. trachomatis é a causante das infeccións por clamidias transmitidas sexualmente e tamén causan o tracoma, unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.

Xénero Chlamydophila

Artigo principal: Chlamydophila.

Aoi xénero Chlamydophila pertencen seis especies: C. pneumoniae (antes chamada Chlamydia pneumoniae), C. psittaci (antes chamada Chlamydia psittaci), C. pecorum, C. abortus, C. caviae, e C. felis. O xénero Chlamydophila caracterízase por non producir glicóxeno detectable e ter un só operón ribosomal. Estas especies se encontran de forma natural vivindo en diversas especies animais. C. pneumoniae e C. psittaci poden transmitirse dos animais ao home.

Notas

Véxase tamén