Triodos Bank: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nemigo (conversa | contribucións)
edición
→‎Rede de oficinas en España: edición de ligazóns internas
Liña 73: Liña 73:


== Rede de oficinas en España ==
== Rede de oficinas en España ==
Banco ten oficinas en [[Barcelona]], [[​​Madrid]], [[Sevilla]], [[Valladolid]], [[Valéncia]], [[​​Zaragoza]], [[Bilbao]], [[A Coruña]], [[​​Palma de Mallorca]], Las Palmas de G. C., S. C. [[Tenerife]], [[Murcia]] e [[Oviedo]].
Banco ten oficinas en [[Barcelona]], [[Madrid]], [[Sevilla]], [[Valladolid]], [[València]], [[Zaragoza]], [[Bilbao]], [[A Coruña]], [[Palma de Mallorca]], [[Las Palmas]], [[Tenerife]], [[Murcia]] e [[Oviedo]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 16 de maio de 2013 ás 14:01

Coordenadas: 52°5′22.84″N 5°13′35.75″L / 52.0896778, -5.2265972

Triodos Bank

Triodos Bank en Zeist
TipoSociedade Anónima
Fundación1980
MatrizNieuweroordweg 1,
PO Box 55 3700 AB Zeist,
Países Baixos Países Baixos
52°5′22.84″N 5°13′35.75″L / 52.0896778, -5.2265972
Persoas clavePeter Blom (Presidente), Esteban Barroso (Director en España)
IndustriaBanca
Número de empregados720 (2011)[1]
Na rede
https://www.triodos.com/ e https://www.triodos.nl/
Twitter: TriodosNL LinkedIn: triodos-bank Youtube: UCrfUJBmfAb_50WnsD0ILIGQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Triodos Bank é unha entidade de crédito chamada ética fundada en Holanda en 1980. O nome "Tri Hodos" (en grego), da anfroposofía baseada en tres camiños: persoas, planeta e beneficio. Na actulalidade Triodos Bank está presente en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña. Ademáis, opera noutros lugares de Europa, América Latina, Asia e África. Triodos Bank forma parte da Alianza Mundial por unha Banca con Valores, que agrupa a 20 entidades de banca ética a nivel internacional.[2]

Declaración de principios e obxectivos de Triodos Bank

Segundo Triodos Bank preséntase como unha entidade que quere contribuír a un cambio positivo e sostible da sociedade dende o sistema financeiro, mellorando a calidade de vida das persoas e respectando o medio ambiente e a cultura. Para iso, di investir só en empresas e iniciativas que ademais de ser económicamente rendibles, aportan un valor engadido de carácter medioambiental, social e/ou cultural. Os investimentos de Triodos Bank estarían enfocados a sectores como o das enerxías renovables, a tecnoloxía ambiental, a agricultura ecolóxica, o turismo sostible, o apoio a grupos en risco de exclusión ou a arte.

O banco tamén financia organizacións que traballan no ámbito da cooperación para ao desenvolvemento, destacando as súas iniciativas no fomento do comercio xusto e os microcréditos como ferramentas eficaces na loita contra a pobreza. Neste campo, Triodos Bank participa en 70 institucións financeiras en 40 países.

Triodos Bank non só tería en conta os aspectos económico-financeiros na súa práctica bancaria, senón tamén a repercusión social e ambiental da súa actividade.

A política de financiamento do Banco Triodos concéntrase en 3 grandes áreas:

  • Natureza e Medio Ambiente: Triodos Bank financia proxectos de enerxías renovables, iniciativas de tecnoloxía ambiental, as empresas do sector da agricultura ecolóxica e Biodinámica, e proxectos de conservación da natureza.
  • Iniciativas Sociais: Triodos Bank financia empresas sociais e organizacións sen ánimo de lucro que traballan con temas de discapacidade, inclusión social, saúde, cooperación para o desenvolvemento e comercio xusto.
  • Cultura e lecer: Triodos Bank financia organizacións ligadas ás actividades artísticas, á educación, ao desenvolvemento persoal e espiritual da persoa. Tamén iniciativas de turismo sostible, cultural e lecer.[3] [4]

Historia de Triodos Bank

Oficina de Triodos Bank na Coruña.

A súa aparición como banco veu despois da creación da Fundación Triodos en 1971 como canalizadora de doazóns e préstamos a empresas ata o momento excluídas do sistema financeiro [5]. Os seus fundadores (Adriaan Deking Dura, economista, Dieter Brüll, catedrático de dereito fiscal; Lex Bos, asesor de organización e Rudolf Mees, banqueiro) inspiráronse no pensamento económico do filósofo Rudolf Steiner, fundador da Antroposofia, basado na triformación social (ou pensamento intuitivo), ao igual que outras institucións de banca ética como GLS Bank, Merkur Bank e La Nef. Así se reflectiu nos estatutos orixinais da entidade ata 1999. Triodos foi crecendo e ampliando o seu enfoque orixinal. Trala súa apertura como entidade de crédito, en 1980, en Paises Baixos, Triodos Bank está presente actualmente tamén en Bélxica, Reino Unido, España e Alemaña.

Resultados económicos

Triodos Bank tivo un crecemento estable [6] durante os últimos anos [7].

Ano 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012[8]
Patrimonio total xestionado (millóns de €) 1.823 2.302 2.821 3.314 3.741 4.861 5.617 6.786 8.000
Beneficio Neto (millóns de €) 3,6 5,3 6,1 9,0 10,1 9,5 11,5 17,3 22,6
Número de empregados 264 301 349 397 477 576 636 720 -

En 2012, acadou un total de 437.000 clientes en Europa, 105.000 deles en España[9].

Recoñecementos

  • Ano 2012. Premio empresa social e ambientalmente responsable outorgado pola plataforma “Madera Justa”[10]
  • Premio "100 mellores ideas do ano" que entrega a revista Actualidad económica, na categoría de finanzas pola súa ferramenta online "Historias de una Banca transparente" que permite situar nun mapa interactivo todas as iniciativas que contaron co financiamento do banco e coñecer as historias que hai detrás da man dos seus protagonistas.[11]
  • Ano 2010. Premio FSC International patner Awards. [12]
  • Ano 2010. Premios verdes para o fomento da Alimentación Intelixente da Fundación José Navarro14 [13]
  • Ano 2010 Premio da Asociación para a Defensa da Natureza e dos Recursos de Extremadura (ADENEX) de 2009[14]
  • Ano 2010. Premio da Confederación Nacional de Centros Especiasis de Emprego. [15]
  • Ano 2010. Premio CANF de Ouro na categoría de empresas CANF-COCEMFE Andalucía. [16]
  • Ano 2009. Premio Financial Times ao Banco Sostible do ano 2009. [17]
  • Ano 2009. Premio da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) do 2008.

Polémicas

O nome de "Triodos" ten a súa orixe nas tres vías da vida segundo a filosofía antroposófica. Ata 1999 os obxectivos do banco eran os da filosofía antroposófica, o fundador do banco é de ista corrente filosófica baseada no pensamento intuitivo. Aínda que Triodos se define como banca ética existen críticas tanto á xestión interna como á imaxe que proxecta. A seleción de proxectos a financiar ten creado polémica ao estar baseado nalgúns casos en entidades e organizacións promovidas por membros vinculados á antroposofía[18]. Aínda que o caso máis polémico é o da Fundación Internacional O´Belen de centros de acollida de menores acusada de diversas carencias no seu funcionamento interno[19].

Rede de oficinas en España

Banco ten oficinas en Barcelona, Madrid, Sevilla, Valladolid, València, Zaragoza, Bilbao, A Coruña, Palma de Mallorca, Las Palmas, Tenerife, Murcia e Oviedo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas