Racismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m {{1000|+10}}
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
Liña 1: Liña 1:
{{1000|+10}}
{{1000}}
[[Ficheiro:Kkk1928.jpg|300px|miniatura|dereita|Marcha do [[Ku Klux Klan]] en [[1928]] en [[Washington, D.C.|Washington]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]O '''racismo''' é un modo de pensar, unha [[filosofía]] social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, en base ás súas características físicas hereditarias, e determinados trazos de [[carácter]] e [[intelixencia]] ou manifestacións culturais; que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerarquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, políticas e sociais dun grupo en relación aos demais.
[[Ficheiro:Kkk1928.jpg|300px|miniatura|dereita|Marcha do [[Ku Klux Klan]] en [[1928]] en [[Washington, D.C.|Washington]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]O '''racismo''' é un modo de pensar, unha [[filosofía]] social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, en base ás súas características físicas hereditarias, e determinados trazos de [[carácter]] e [[intelixencia]] ou manifestacións culturais; que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerarquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, políticas e sociais dun grupo en relación aos demais.



Revisión como estaba o 15 de maio de 2013 ás 14:27

Marcha do Ku Klux Klan en 1928 en Washington, Estados Unidos.

O racismo é un modo de pensar, unha filosofía social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, en base ás súas características físicas hereditarias, e determinados trazos de carácter e intelixencia ou manifestacións culturais; que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerarquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, políticas e sociais dun grupo en relación aos demais.

Esta crenza da existencia de razas humanas, superiores e inferiores, utilizouse moitas veces para xustificar a escravitude, o dominio de determinados pobos por outros, e os xenocidios que ocorreron ó longo da historia da humanidade.

Bases científicas

O racismo non é unha teoría científica, senón un conxunto de opinións preconcibidas onde a principal función é darlle valor ás diferenzas biolóxicas entre os seres humanos, de forma que algúns se consideran superiores ós outros conforme coa súa matriz racial.

O ser humano actual constitúe unha única especie. Así e todo, presenta unha visible variabilidade morfolóxica que deu lugar ó concepto de raza. Este concepto pode conducir a un uso ideolóxico da idea de raza que pode levar ó racismo.

Racismo e outras discriminacións de tipo racial

Racismo propiamente dito

O termo "racismo" aplícase xeralmente ás accións dun grupo dominante nunha sociedade sobre os outros, posto que os grupos máis débiles teñen menos probabilidades de manifestaren publicamente condutas racistas en contra dun grupo máis numeroso por razóns prácticas.

O racismo comporta as seguintes afirmacións:

  • Hai razas superiores e inferiores (a superioridade na xerarquía das razas corresponde á branca no caso do racismo europeo).
  • A superioridade e a inferioridade raciais maniféstanse na superioridade e a inferioridade das culturas producidas, respectivamente, polas distintas razas.

Ambas as afirmacións son facilmente refutables:

  • As diferenzas raciais non explican as diferenzas culturais. Os procesos de endoculturación poñen de manifesto que a orixe racial dos individuos non garda relación ningunha coa súa capacidade para asimilar calquera cultura.
  • As diferenzas raciais non explican as diferenzas intelectuais. Na capacidade intelectual dos individuos inflúen os factores hereditarios, que non están necesariamente vinculados á súa orixe racial; e tamén os factores culturais, como o ambiente e a educación recibida.

Discriminación racial

Porén, coñecemos como "discriminación racial" o feito de outorgar ou reter dereitos ou privilexios baseándose na raza, ou ben rexeitar o trato ou asociación con persoas pola raza.

Racialismo

A crenza de que o carácter e as habilidades dos individuos están correlacionadas coa súa raza non ten por que ser necesariamente racismo, pois esta diferenza pode afirmarse sen implicar unha desigualdade de valor.

Historia

Historicamente, o racismo serviu para xustificar o imperialismo, o colonialismo, a escravitude, e o xenocidio de pobos enteiros. O racismo acostuma a estar relacionado co etnocentrismo e o chauvinismo cultural.

Amerindios e Negros

Foi durante a expansión española e portuguesa na América cando xurdiu a idea de procurar unha base ideolóxica, influenciada pola relixión, de que os "indios" non eran seres humanos. Estes eran animais e polo tanto era xustificada por Deus a súa explotación para o traballo, desta forma eran socialmente aceptados os suplicios a que eran sometidos. Esta crenza estendeuse logo á raza negra.

Os negros foron traídos para seren escravos debido ás dificultades da escravización dos amerindios. A igrexa católica era contraria a predación dos amerindios, pois quería catequizalos, así obterían novos adeptos á relixión católica. En contrapartida, a igrexa non se opuña á escravitude negra, pois considerábaa unha raza inferior (tanto que se chegou a pensar na época, que un fillo de branco cun negro sería estéril, igual que as mulas, e dese pensamento xurdiu a expresión mulato), considerábase nun comezo que os negros non tiñan almas. Isto serviu para xustificar a motivación financeira, pois o tráfico negreiro foi unha importante fonte de renda no período colonial.

Orixes

As orixes do racismo son controvertidas. O fenómeno ocorre na maioría de etnias e países. Un exemplo típico de racismo ocorreu cando o Xapón, pouco antes da Segunda Guerra Mundial, atinxiu un desenvolvemento económico social equivalente ós países máis adiantados económica e tecnoloxicamente. O pobo xaponés comezou entón a se comportar de forma extremadamente racista con respecto doutras nacionalidades, os estranxeiros en terras xaponesas non eran benvidos. Da mesma maneira que ocorreu no Extremo Oriente, no mundo occidental tamén houbo fenómenos extremadamente violentos ligados ao racismo. Na América, en especial nos Estados Unidos de América, o racismo chega ós extremos en contra dos negros e dos latinos, en especial no sur do país. Ata a década de 1950, nos EUA acontecía que se asasinaba a negros, enforcándoos nas árbores, sen xuízos, sen que os autores destes asasinatos fosen castigados. Había, e hai, mesmo unha sociedade secreta, o Ku Klux Klan, co obxectivo de perseguir e axustizar os negros.

A tentativa de explicación da superioridade racial

No século XIX houbo unha tentativa científica para explicar a superioridade racial a través da obra do conde de Gobineau, intitulada Essai sur l'inégalité des races humaines (Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas). Nesta obra o autor sustentou que da raza aria naceu a aristocracia que dominou a civilización europea e cuxos descendentes eran os señores naturais das outras razas inferiores.

O nazismo

ver artigo Nazismo#Teoría ideolóxica.
Ficheiro:Antisemitisme Duitsland 1933.jpg
Alemaña nazi: "Non compre aos xudeus!"

En 1899, o inglés Houston Stewart Chamberlain, chamado O antropólogo do Kaiser, publicou na Alemaña a obra Die Grundlagen des neunzehnten Jahrhunderts (Os fundamentos do século XIX). Esta obra trouxo de volta o mito da raza aria, identificándoa co pobo alemán.

Alfred Rosenberg tamén creou obras que reforzaron a teoría da superioridade racial. Estas foron aproveitadas polo programa político nazi de cara á unión dos alemáns utilizando a identificación dos trazos raciais específicos. Como a "raza alemá" estaba bastante mesturada, isto é, non había unha normalidade de trazos fisionómicos, definíronse entón razas inimigas, reforzando desta forma un sentimento de hostilidade e aversión dirixido a persoas e cousas estranxeiras. Deste xeito, os nazis usaron a xenofobia asociada ó racismo, atribuíndo a individuos e grupos sociais actos de discriminación para amalgamar o pobo alemán contra o que era diferente. A escravización dos pobos da Europa oriental e a persecución ós xudeus eran as probas pretendidas polos nazis da superioridade da raza aria sobre os demais ‘‘grupos diferentes’‘ e raciais.

O apartheid

ver artigo principal Apartheid.
Cartel en Sudáfrica coa indicación Soamente para brancos.

Unha demostración vergoñosa sobre o racismo ocorreu en pleno século XX, a partir de 1948 en Sudáfrica, cando o apartheid mantivo a poboación africana so o dominio dun pobo de orixe europea. Este réxime político racista acabou cando por presión mundial se convocaron as primeiras eleccións para un goberno multirracial de transición, en abril de 1994.

Israel

O muro entre Abu Dis e Xerusalén, xuño de 2004.

En 1975, por presión dos países árabes e co apoio dos soviéticos, o sionismo foi considerado unha forma de racismo pola Resolución 3379 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Porén, en 1991, esa acusación eliminouse pola Resolución 4686 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

En 2002, o Parlamento israelí aprobou unha lei que nega os cidadáns de orixe árabe do país o dereito de conviviren cos seus cónxuxes en caso de contraeren matrimonio con palestinos, pois a estes será recusada a permisión de residencia no país. A lei foi levada a xuízo por diversas entidades de dereitos humanos, aínda que o 15 de maio de 2006 foi confirmada pola Suprema Corte de Israel.[1]

A Asociación polos dereitos civís no Israel alega un plan de prácticas discriminatorias do Israel, a flagrante e sistémica discriminación dos palestinos coa única base na súa orixe nacional ... reminiscencia de políticas características do réxime do Apartheid.[2]

Racismo e xenofobia

Moitas veces o racismo e a xenofobia, malia seren fenómenos distintos, poden considerarse paralelos e dunha mesma raíz, isto é, acontece cando un determinado grupo social comeza a hostilizar a outro por calquera motivo. Esta antipatía xera un movemento polo que o grupo máis poderoso e homoxéneo hostiliza o grupo máis feble, ou diferente, pois o segundo non acepta seguir as mesmas regras e principios ditados polo primeiro.

Día Internacional

O Día Internacional pola abolición da discriminación racial é o 21 de marzo.

Notas