Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 2: Liña 2:
A '''Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra''' <ref>Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, ''Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', en castelán.</ref> foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o [[15 de agosto]] de [[1894]] cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de [[Pontevedra]].
A '''Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra''' <ref>Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, ''Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', en castelán.</ref> foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o [[15 de agosto]] de [[1894]] cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de [[Pontevedra]].


Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, moedas, elementos arquitectónicos, etc., así como música e poesía popular. Organizou unha exposición en [[1896]] e acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as [[ruínas de San Domingos]], que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en [[1874]] e [[1880]].
Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos, etc., así como música e poesía popular. Organizou unha exposición en [[1896]] e acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as [[ruínas de San Domingos]], que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en [[1874]] e [[1880]].


==Compoñentes destacados==
A constitución da ''Arqueolóxica'' foi obra de [[Casto Sampedro]], folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Colaboradores importantes nesta asociación foron [[Carmelo Castiñeira]] (membro de ''La Patria Gallega'') e [[Xosé Casal]] (médico, etnógrafo e bibliófilo).
A constitución da ''Arqueolóxica'' foi obra de [[Casto Sampedro]], folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Colaboradores importantes nesta asociación foron [[Carmelo Castiñeira]] (membro de ''La Patria Gallega'') e [[Xosé Casal]] (médico, etnógrafo e bibliófilo).

Outro dos membros fundadores foi o médico Luís Sobrino Rivas, pai de [[Carlos Sobrino Buhigas|Carlos Sobrino]]. Foi el quen propiciou a colaboración coa ''Arqueolóxica'' do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns [[Enrique Campo|Enrique]] e [[Fernando Campo Sobrino|Fernando Campo]].

Tamén debe citarse a [[Enrique López de la Ballina]] e [[Heliodoro Fernández Gastañaduy]], poeta e autor teatral, así como a José Millán, Juan Novás Guillén e [[Victor Said Armesto]] (que destacou na recollida de textos literarios e musicais).

Unha importante sección da ''Sociedade'' foi a constituída polos debuxantes que plasmaron graficamente boa parte dos edificios notables de Pontevedra e os seus elementos característicos. Entre eles deben citarse a [[Federico Alcoverro López|Federico Alcoverro]], [[Celso García de la Riega]], [[Alfredo Souto Cuero]] e, quizais o máis destacado, [[Enrique Campo Sobrino]].


==Notas==
==Notas==
{{listaref|1}}
{{listaref|1}}

==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Catálogo da exposición ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.

Revisión como estaba o 11 de maio de 2013 ás 23:09

A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra [1] foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o 15 de agosto de 1894 cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de Pontevedra.

Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos, etc., así como música e poesía popular. Organizou unha exposición en 1896 e acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as ruínas de San Domingos, que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en 1874 e 1880.

Compoñentes destacados

A constitución da Arqueolóxica foi obra de Casto Sampedro, folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Colaboradores importantes nesta asociación foron Carmelo Castiñeira (membro de La Patria Gallega) e Xosé Casal (médico, etnógrafo e bibliófilo).

Outro dos membros fundadores foi o médico Luís Sobrino Rivas, pai de Carlos Sobrino. Foi el quen propiciou a colaboración coa Arqueolóxica do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns Enrique e Fernando Campo.

Tamén debe citarse a Enrique López de la Ballina e Heliodoro Fernández Gastañaduy, poeta e autor teatral, así como a José Millán, Juan Novás Guillén e Victor Said Armesto (que destacou na recollida de textos literarios e musicais).

Unha importante sección da Sociedade foi a constituída polos debuxantes que plasmaron graficamente boa parte dos edificios notables de Pontevedra e os seus elementos característicos. Entre eles deben citarse a Federico Alcoverro, Celso García de la Riega, Alfredo Souto Cuero e, quizais o máis destacado, Enrique Campo Sobrino.

Notas

  1. Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, Sociedad Arqueológica de Pontevedra, en castelán.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Catálogo da exposición Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, Museo de Pontevedra 1995.