Diferenzas entre revisións de «Oligopolio»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q103639)
 
==Teoría de xogos==
O problema pódese formular en ocasións usando métodos da [[Teoría dos xogos]]. Por exemplo, dadas as funcións de custos de cada unha das empresas implicadas, cada unha atreverase a ofrecer a un determinado prezo, unha cantidade determinada, ao [[mercado]]. Pero, estas ofertas das empresas ao ser observadas dende o punto de vista da demanda, terán efecto en canta cantidade é realmente demandada para cada empresa, e dado o prezo que puxo cada unha, daranlle a cada unha delas un certo nivel de [[Beneficio económico|beneficio]]s. Tamén se pode introducir a idea de que as empresas intenten "diferenciar" o seu produto con respecto ao produto das outras, para que non parezan tan "substitutivos" e así se poidan considerar como "diferentes" polos consumidores. Aínda que acotío esas diferencias no produto sexan en cousas mínimas como a presentación do produto, a súa "calidade", o envase no que vén, servizos de posventa, as redes de distribución, a proximidade do produto ao domicilio do consumidor etcétera (para isto hai que estudar máis as estratexias comerciais de cada [[empresa]] en particular). Todo iso pode dar lugar ao estudo de diferentes tipos de modelos.
 
Xeralmente, cando se aplica a Teoría dos Xogos, suponse que cada empresa pode tomar decisións nun conxunto de decisións propio, e que dependendo de cales toma esa empresa e as demais, esa empresa e as demais obterán un determinado resultado. Ás veces isto se pode representar como que cada empresa ten unha '''"Curva de Reacción"''' ás accións das demais empresas. Por exemplo, se o resto das empresas tomasen unha serie de decisións, e a nosa empresa en cuestión coñecese (suposto bastante forte, dende logo) que decisións tomaron as demais, para poder obter ela o máximo beneficio debería tomar certas decisións a súa vez, que dependen das tomadas polas demais.
19.713

edicións

Menú de navegación