Rivers Cuomo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q343069
lig int
Liña 25: Liña 25:
===Weezer===
===Weezer===
{{AP|Weezer}}
{{AP|Weezer}}
Despois dunha serie de proxectos musicais nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], Cuomo formou [[Weezer]] o [[14 de febreiro]] de [[1992]] con [[Patrick Wilson]], [[Matt Sharp]] e [[Jason Cropper]]. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e [[Brian Bell]] ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o [[25 de xuño]] de [[1993]]. Comezaron a gravación de ''Weezer'' (tamén coñecido coma ''The Blue Album'') en agosto de [[1993]] nos estudos Electric Lady en [[Nova York]] co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en [[2000]], coa canción "Island In The Sun", incluída no ''Green Album''. Tras este disco, saíu ó mercado ''Maladroit'' ([[2001]]).
Despois dunha serie de proxectos musicais nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], Cuomo formou [[Weezer]] o [[14 de febreiro]] de [[1992]] con [[Pat Wilson]], [[Matt Sharp]] e [[Jason Cropper]]. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e [[Brian Bell]] ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o [[25 de xuño]] de [[1993]]. Comezaron a gravación de ''Weezer'' (tamén coñecido coma ''The Blue Album'') en agosto de [[1993]] nos estudos Electric Lady en [[Nova York]] co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en [[2000]], coa canción "Island In The Sun", incluída no ''Green Album''. Tras este disco, saíu ó mercado ''Maladroit'' ([[2001]]).


Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, [[Weezer]] editou en [[2005]] o que é polo de agora o seu último traballo, ''Make Believe''.
Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, [[Weezer]] editou en [[2005]] o que é polo de agora o seu último traballo, ''Make Believe''.

Revisión como estaba o 9 de maio de 2013 ás 15:38

Modelo:Artista musical

Rivers Cuomo, nado o 13 de xuño de 1970 en Nova York, é un músico estadounidense. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Weezer.

Traxectoria

Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en Connecticut. El mudouse coa banda a Os Ánxeles en marzo de 1989, e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de 1990.

Weezer

Artigo principal: Weezer.

Despois dunha serie de proxectos musicais nos Ánxeles, Cuomo formou Weezer o 14 de febreiro de 1992 con Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e Brian Bell ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o 25 de xuño de 1993. Comezaron a gravación de Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) en agosto de 1993 nos estudos Electric Lady en Nova York co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en 2000, coa canción "Island In The Sun", incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado Maladroit (2001).

Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, Weezer editou en 2005 o que é polo de agora o seu último traballo, Make Believe.

Outras bandas

Á parte de Weezer, Cuomo tocou n varios proxectos musicais, entre os que se inclúen Avante Garde, Zoom, Sixty Wrong Sausages e Fuzz. Durante o parón de Weezer a finais dos 90, Rivers formou un proxecto chamado Homie, ou segundo os fans, a Rivers Cuomo Band. Cuomo contribuiu tamén nas gravacións de varios músicos (Crazy Town, Cold, Mark Ronson). El tamén tocou brevemente na banda AM Radio en 2002 e 2003.

A principios de 2004 fixo unha aparición sorpresa co ex-baixista de Weezer Matt Sharp tocando na California State University, Fullerton, e interpretando dous temas da banda: "Say It Ain't So" e "Undone", unha vella demo, "Mrs. Young", e unha nova canción que compuxeron xuntos, "Time Song".

O 18 de decembro do 2007 está prevista a edición de Alone - The Home Recordings of Rivers Cuomo, un álbum que reune demos e gravacións caseiras feitas por Cuomo nos últimos quince anos.