Cenáculo ourensán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia do grupo: Galeguismo (lingüística) e quito foto por non esistir
Liña 5: Liña 5:
O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao [[Galeguismo (lingüística)|galeguismo]] dos escritores citados. De feito, no caso particular de [[Vicente Risco]], este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista ''La Centuria'', [[1917]]) que "el que quiera ser leído que escriba en castellano". De todos os xeitos, unha vez convertido á causa galega, [[Vicente Risco|Risco]] asumíu o compromiso pleno coa lingua galega.
O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao [[Galeguismo (lingüística)|galeguismo]] dos escritores citados. De feito, no caso particular de [[Vicente Risco]], este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista ''La Centuria'', [[1917]]) que "el que quiera ser leído que escriba en castellano". De todos os xeitos, unha vez convertido á causa galega, [[Vicente Risco|Risco]] asumíu o compromiso pleno coa lingua galega.


Por outra parte, como precisamente indica [[Vicente Risco]] no seu ensaio ''Nós, Os inaptadatados'', o cenáculo ourensán estaba constituído por un conxunto dandies, intelectuais pregaleguistas e de clase acomodada, que vivían alienados, á marxe dos problemas do mundo en que se achaban (vivían na súa "torre de marfil"). Entre as súas principais preocupacións estaban o exoterismo, a filosofía oriental e filosofía nietzchiana. Isto motivounos para viaxar e coñecer outras culturas, sobre todo no relativo ao escurantismo. Este gusto polo alén pode verse reflectido na obra destes autores, como podemos apreciar, por exemplo, n´''O Purgatorio de Don Ramiro'' , ''O Desengano do Priorio'' (ambas as dúas de [[Ramón Otero Pedrayo]]) ou ''Do Caso que lle Aconteceu ao Doutor Alveiros'' (de [[Vicente Risco]]).
Por outra parte, como precisamente indica [[Vicente Risco]] no seu ensaio ''Nós, Os inaptadatados'', o cenáculo ourensán estaba constituído por un conxunto dandies, intelectuais pregaleguistas e de clase acomodada, que vivían alienados, á marxe dos problemas do mundo en que se achaban (vivían na súa "torre de marfil"). Entre as súas principais preocupacións estaban o exoterismo, a filosofía oriental e filosofía nietzchiana. Isto motivounos para viaxar e coñecer outras culturas, sobre todo no relativo ao ocultismo. Este gusto polo alén pode verse reflectido na obra destes autores, como podemos apreciar, por exemplo, n´''O Purgatorio de Don Ramiro'' , ''O Desengano do Priorio'' (ambas as dúas de [[Ramón Otero Pedrayo]]) ou ''Do Caso que lle Aconteceu ao Doutor Alveiros'' (de [[Vicente Risco]]).


Finalmente, todo o arriba dito e mais o proceso de galeguización destes homes aparece xenialmente retratado en ''Arredor de Si'', de [[Ramón Otero Pedrayo]].
Finalmente, todo o arriba dito e mais o proceso de galeguización destes homes aparece xenialmente retratado en ''Arredor de Si'', de [[Ramón Otero Pedrayo]].

Revisión como estaba o 8 de maio de 2013 ás 11:51

Recibe o nome de cenáculo ourensán un grupo de autores que, naturais ou residentes na cidade de Ourense,posteriormente formarán parte (na súa maioría) do denominado grupo Nós. Os seus membros máis destacados foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco.

Historia do grupo

O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao galeguismo dos escritores citados. De feito, no caso particular de Vicente Risco, este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista La Centuria, 1917) que "el que quiera ser leído que escriba en castellano". De todos os xeitos, unha vez convertido á causa galega, Risco asumíu o compromiso pleno coa lingua galega.

Por outra parte, como precisamente indica Vicente Risco no seu ensaio Nós, Os inaptadatados, o cenáculo ourensán estaba constituído por un conxunto dandies, intelectuais pregaleguistas e de clase acomodada, que vivían alienados, á marxe dos problemas do mundo en que se achaban (vivían na súa "torre de marfil"). Entre as súas principais preocupacións estaban o exoterismo, a filosofía oriental e filosofía nietzchiana. Isto motivounos para viaxar e coñecer outras culturas, sobre todo no relativo ao ocultismo. Este gusto polo alén pode verse reflectido na obra destes autores, como podemos apreciar, por exemplo, n´O Purgatorio de Don Ramiro , O Desengano do Priorio (ambas as dúas de Ramón Otero Pedrayo) ou Do Caso que lle Aconteceu ao Doutor Alveiros (de Vicente Risco).

Finalmente, todo o arriba dito e mais o proceso de galeguización destes homes aparece xenialmente retratado en Arredor de Si, de Ramón Otero Pedrayo.

Véxase tamén

Outros artigos