Luís Cornide Quiroga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ imaxe e cat
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11934246
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Nados en 1884]]
[[Categoría:Nados en 1884]]
[[Categoría:Finados en 1946]]
[[Categoría:Finados en 1946]]

[[ca:Luis Cornide Quiroga]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2013 ás 12:58

Luís Cornide Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1884 e finado en Madrid en 1946, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Destacado no sector eléctrico, foi presidente da sociedade Fábricas Coruñesas Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad. Tamén foi representante da Región Noroeste na Cámara Oficial de Productores y Distribuidores de Electricidad. En 1903 foi secretario da Liga de Amigos de La Coruña. Foi o primeiro presidente do Deportivo de La Coruña de 1906 a 1908 e líder da Asociación Popular Coruñesa. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936 como galeguista independente. En 1936 foi nomeado secretario de goberno do Tribunal Supremo da República[1], pero cando se produce a sublevación do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo[2]. Foi xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas