Rebordáns, Tui: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m arranxos nos campos da caixa de información; -cat. ocultas
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q12398735
Liña 47: Liña 47:


[[Categoría:Parroquias de Tui]]
[[Categoría:Parroquias de Tui]]

[[pms:Rebordáns, Tui]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2013 ás 11:31

Rebordáns
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.
ConcelloTui
Coordenadas42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309Coordenadas: 42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309
Poboación1.152 hab. (2004)
Entidades de poboación15
editar datos en Wikidata ]

San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da via XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo vencellada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.

Ten planta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.

A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.

O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga[1].

Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.

Véxase tamén

Lugares e parroquias

Lugares de Rebordáns

Lugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra)

O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | O Virxe do Camiño

Parroquias de Tui

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas

  1. "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003. (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos