Tratado de Valençay: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q370922
JaviP96 (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]
[[Categoría:Guerras Napoleónicas]]
[[Categoría:Guerras Napoleónicas]]
[[Categoría:Historia de Francia]]

Revisión como estaba o 4 de maio de 2013 ás 14:08

O Tratado de Valençay foi un acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome, polo que o emperador Napoleón I de Francia oferecía a paz, recoñecendo a Fernando VII como rei de España, a causa das derrotas sufridas na Guerra da Independencia e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en guerrilla.

Historia

As negociacións comezaron o 20 de novembro de 1813 en Valençay, residencia real na Francia de Fernando VII, entre José Miguel de Carvajal, duque de San Carlos, e Antoine René Mathurin, conde de Laforest. O acordo foi finalemente asinado o día 11 de dicembro do mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra. Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.

O monarca español comprometíase a devolver os dereitos e honras dos partidarios do ex-rei Xosé Bonaparte, ademais de concertar un tratado de comerzo, e aínda a pasar a seus pais, Carlos IV e María Luísa de Parma, unha pensión de trinta mil reais anuais.

O tratado fo ratificado un mes despois en París, e, apenas uns meses logo da asinatura do tratado, as tropas napoleónicas abandonaron completamente os territorios españois.

Véxase tamén

Ligazóns externas