Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Engadir información
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Doryphoros.jpg|miniatura|200px|A copia do Doríforo de Policleto no museo de [[Nápoles]].]]

O '''Doríforo''' é unha [[estatua]], a obra orixinal é de [[bronce]] e atribúeselle ao escultor grego [[Policleto]]. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta a lanza ou xavalina na súa man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de canon perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man, a pérna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man, etc.
O corpo é concebido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no borde dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra aportación importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Sen embargo, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.
O Doríforo exerceu moitísima influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partires do Século XV.

Revisión como estaba o 28 de abril de 2013 ás 22:09

A copia do Doríforo de Policleto no museo de Nápoles.

O Doríforo é unha estatua, a obra orixinal é de bronce e atribúeselle ao escultor grego Policleto. Unha copia romana de mármore de 2.12 metros atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia

    Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta a lanza ou xavalina na súa man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de canon perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man, a pérna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man, etc.
    O corpo é concebido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no borde dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra aportación importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia. 
    O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Sen embargo, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío. 
    O Doríforo exerceu moitísima influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na  posterior escultura moderna, xa a partires do Século XV.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas