A Última Cea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q51633
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Juan de Juanes 003.jpg|miniatura|350px|''A Última Cea'', por [[Juan de Juanes]], terceiro cuarto do [[século XVI]], [[Museo do Prado]], [[Madrid]]]]
[[Ficheiro:Juan de Juanes 003.jpg|miniatura|350px|''A Última Cea'', por [[Juan de Juanes]], terceiro cuarto do [[século XVI]], [[Museo do Prado]], [[Madrid]]]]
Na fe [[cristianismo|cristiá]], '''A Última Cea''' foi a última ocasión na que [[xesús de Nazaret]] se reuniu cos seus [[apóstolo]]s para compartir o pan e o viño antes da súa morte.
Na fe [[cristianismo|cristiá]], '''A Última Cea''' foi a última ocasión na que [[Xesús de Nazaret]] se reuniu cos seus [[apóstolo]]s para compartir o pan e o viño antes da súa morte.


Considérase, para a [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]], que é o momento en que se institúe a [[eucaristía]].
Considérase, para a [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]], que é o momento en que se institúe a [[eucaristía]].

Revisión como estaba o 26 de abril de 2013 ás 21:46

A Última Cea, por Juan de Juanes, terceiro cuarto do século XVI, Museo do Prado, Madrid

Na fe cristiá, A Última Cea foi a última ocasión na que Xesús de Nazaret se reuniu cos seus apóstolos para compartir o pan e o viño antes da súa morte.

Considérase, para a igrexa católica, que é o momento en que se institúe a eucaristía.

A Última Cea, foi o tema de numerosas pinturas, sendo quizais a obra de Leonardo da Vinci máis coñecida de todas.

Cronoloxía

Escultura de A Última Cea, na procesión do Venres Santo en Qormi, Malta.

A cea está considerada pola maioría dos teóricos como un Séder (ou Cena de Pascua xudía), celebrada na noite do Xoves Santo antes da crucifixión, o Venres Santo. Esta crenza baséase na cronoloxía dos Evanxeos.

Pero a cronoloxía do Evanxeo de Xoán indica que se celebrou antes da Pascua (Xoán 13:1, 18:28). As referencias no Evanxeo de Xoán que marcan o día da preparación para a Pascua (Xoán 19:14, 31, e 42), tómanse por moitos para indicar que a morte de Cristo ocorreu no tempo da matanza dos cordeiros da Pascua (esta cronoloxía posterior é a aceptada pola igrexa Ortodoxa). Sen embargo, aqueles que sitúan a última cea na tarde do xoves, xeralmente atribúen a Marcos 14:12 e Lucas 22:7 as únicas referencias explícitas nos evanxeos, e que no momento da crucifixión de Cristo é cando se dá a matanza de cordeiros, dando lugar o Día de la Preparación no evanxeo de Xoán como unha posíbel referencia ao Venres de Pascua, durante o cal se realizan as preparacións para o descanso do Shabat.

Ademais, moitos teóricos cuestionaron estas cronoloxías, e rexeitaron as súas afirmacións de que os evanxeos fan referencia á Pascua e sosteñen que coinciden con Xoán,[1] xa que existen multitude de feitos que teñen lugar tras a Última Cea, como a traizón, o arresto, o interrogatorio e os posteriores xuízos, que dificilmente poderían ter lugar durante unha noite.

Algúns grupos minoritarios de cristiáns cren que un exhaustivo exame dos evanxeos indican que a Última Cena tivo lugar en martes, e que Xesús foi crucificado nun mércores.[2]

A cea discútese a través dos catro evanxeos da Biblia canónica. Os evanxeos sinópticos afirman que na mañá do mesmo día o cordeiro pascual para cena sexa sacrificado. Sen embargo, baixo o método xudeu de tempo de recollemento, o día considerábase que empeza xusto ao amencer, polo tanto a festividade da Pascua pénsase que ocorra no día posterior en que foi sacrificado. Isto implica que ou os sinópticos non están instruídos no coñecemento do recollemento xudeu, ou que usaron a técnica literaria de ver os eventos que pasaron en varios días nun só.

Outros interpretan a linguaxe dos evanxeos sinópticos como suficientemente permisivos como para ter unha tarde sacrificando os cordeiros pascuais.

Iconografía

A Última Cea de Leonardo da Vinci

Artigo principal: A Última Cea (Leonardo).

A Última Cea é unha pintura mural realizada por Leonardo da Vinci nos anos 1494-1497. Encóntrase na parede sobre a que se pintou orixinalmente: o refectorio de Santa Maria delle Grazie, en Milán.

A Última Cea, de Leonardo da Vinci

Fronte á iconografía clásica que pode verse noutras obras renacentistas, Leonardo non representa a Xudas, o traidor, diante da mesa, senón incluído entre os apóstolos. Leonardo optou por representar o momento posterior ao anuncio de Cristo de que un deles o traizoará e todos se preguntan "son eu, Señor?". En lugar de representar a Xesucristo como un máis co apóstolo Xoán en brazos, Leonardo opta por illar a figura de Xesucristo e agrupar aos apóstolos de tres en tres, caracterizando a cada un deles a través da súa actitude e movemento.

Exemplos clásicos

O tema foi tratado en numerosas ocasións pola arte cristiá, non sendo un tema novo que tratase por primeira vez Leonardo, cuxo cadro, sen embargo, converteuse na quintaesencia do tema.

O nome Il Cenacolo é unha evidente referencia ao Simposio de Platón; por iso os apóstolos estruturáronse en catro tríades, das cales as dúas do extremo luminoso corresponden a tríades platónicas.

Notas

  1. Véxase: Morris, Leon, The Gospel According to John, Revised, páxs. 684-695.
  2. When Christ Died, and Rose (en inglés)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brown, Raymond E. (1997): An Introduction to the New Testament. Doubleday. ISBN 0-385-24767-2
  • Brown, Raymond E. et al. (1990): The New Jerome Biblical Commentary. Prentice Hall. ISBN 0-13-614934-0
  • Bultmann, Rudolf (1971): The Gospel of John. Blackwell.
  • Kilgallen, John J. (1989): A Brief Commentary on the Gospel of Mark. Paulist Press. ISBN 0-8091-3059-9
  • Linders, Barnabus (1972): The Gospel of John. Marshal Morgan and Scott.

Outros artigos

Ligazóns externas