Camille Claudel: Diferenzas entre revisións
Liña 26: | Liña 26: | ||
3. ↑ Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado el 23 de enero de 2013. |
3. ↑ Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado el 23 de enero de 2013. |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
== Enlaces externos == |
|||
{{commons}} |
|||
* [http://german-uribe.blogspot.com/2010/07/llamarse-camille-claudel.html Llamarse Camille Claudel] Artículo del escritor [[Germán Uribe]] |
|||
* [http://www.camille-claudel.fr "Camille Claudel por Reine-Marie Paris"] {{fr}}. |
|||
* [http://www.camilleclaudel.asso.fr/ ''Asociación Camille Claudel''] {{fr}}. |
|||
* [http://www.estudipuche.com/camille/Camille/Camille,_el_cortometraje.html ''Web del cortometraje 'Camille', sobre Camille Claudel''] {{ca}} {{en}}{{fr}}. |
|||
{{NF|1864|1943|Claudel, Camille}} |
|||
[[Categoría:Escultores de Francia del siglo XIX]] |
|||
[[Categoría:Escultores de Francia del siglo XX]] |
|||
[[Categoría:Escultores de Picardía]] |
|||
[[Categoría:Escultoras]] |
|||
[[Categoría:Mujeres de celebridades]] |
|||
[[Categoría:Personalidades da escultura|Claudel, Camille]] |
[[Categoría:Personalidades da escultura|Claudel, Camille]] |
Revisión como estaba o 26 de abril de 2013 ás 11:41
Camille Claudel, nada en Fère-en-Tardenois, Aisne, en 1864 e finado en 1943, foi unha escultora francesa.
Traxectoria
Dende a súa infancia en Champagne, Camille foi unha moi apaixonada da escultura: xogaba co barro e esculpía ás persoas que a rodeaban, como o seu irmá Paul e a súa servente Hélène. Naceu no seo dunha familia acomodada que se trasladou, sendo Camille aínda unha meniña, a Villeneuve-sur-Fère onde naceu o seu irmán, o poeta e diplomático Paul Claudel, en 1866. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os verán sempre os pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasladouse a París. Camille tentou entrar na École des Beaux-Arts, pero non a admitiron por ser muller, polo que alugou un estudio que compartiu con dúas americanas, entre as que estaba Jessie Lipscomb, e onde lles daba clase un profesor da École, ata que en 1883 este marchou a Roma pedíndolle a Auguste Rodin que o substitúa. Tras algunhas vacilacións este aceptou, coa condición que Camille vaia ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixara a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.
Auguste Rodin
Ten o seu encontro con Auguste Rodin en 1883, e o ano seguinte empeza a traballar no seu taller. Camille posa para el e colabora na realización das figuras da monumental As Portas do Inferno. A obra da escultora, a pesar de ser moi próxima á do seu maestro, ten a seu toque persoal e feminino, sin ser nunca unha copia: por iso, Octave Mirbeau proclamou o seu xenio. Ademáis de ser unha das súas principais colaboradoras, foi tamén a súa amante e compañeira durante algúns anos; convertiuse no seu modelo a a súa musa, inspirando obras como La danaie o Fugit Amor. Prodúcese entre ambos un clima de colaboración e enfrontamento que enriquece o labor mutuo. A pesar da paixón, a relación entre Rodin e Camille é complicada, conflictiva e con interrupcións e crisis. Frecuentaron xuntos os ambientes artísticos e culturais máis importantes do París da época e pasaron xuntos longos períodos fora da cidade, pero Rodin está unido sentimentalmente a outra muller, Rose Beuret, á que non ten intención de abandoar para casar con Camille. Esta situación será a inspiración dunha das obras máis importantes de Camille: A Idade Madura. Nesta escultura vemos representada a escea de Camille de xeonllos e suplicante, dirixindo as súas mans cara a Rodin, quen lle da as costas mentres unha muller medio anxo-medio meiga, que representa a Rose Beuret, lévao. Unha vez rota a súa relación co escultor, entra na súa vida Claude Debussy, pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. Nesta época de crise emocional, Camille péchase no sei taller e afástase do mundo. En decembro de 1905, Camille realiza a súa última exposición.
A partir de 1905 a saúde mental de Camille comezou a degradarse, desaparecía por longos períodos de tempo, destruiu gran parte da súa obra e tiña crises de paranoia. Acusou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, ela viviu practicamente confinada no seu estudio. En 1913, pouco despois da morte do seu pai, a súa nai decide internala nun sanatorio psiquiátrico, onde morreu en 1943.
Declive
A partir de ahí, sufrirá sucesivas crises nerviosas que agudizarán cad avez máis e comezará a destruir as súas obras. Non terá apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá siguen sendo hostís ás súa forma de vida e o seu irmán Paul está lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negoi reiteradamente a internar á súa filla como lle pedían os sus familiares directos. O 3 de marzo de 1913 morre o seu pai. O 10 de marzo intérnana no sanatorio de Ville-Evrard e en xullo en Montdevergues, manicomio do cal, a pesar da súa recuperación e os seus lúcidos e desgarrados rogos ó seu irmán Paul, nunca sairá. Pechada pasará os derradeiros trinta anos da súa vida. A familia prohibiu que recibira visitas e nunca foron vela. Faleceu en 1943 e foi enterrada nunha tumba sin nome, só cos números 1943 -n392, no pequeño cemiterio da institución mental de Montdevergues. Á morte de Paul Claudel en 1955, erguiuse o veto que existía na familia sobre Camille e os descendentes quixeron dar unha tumba digna a Camille Claudel. Escribiron a Montdevergues solicitando a ubicación da tumba e a exhumación para o seu traslado. A institución contestou que a tumba desaparecera, xa que a institución necesitara unha serie de ampliacións e se utilizaran os terreos do pequeño cemiterio onde se enterraban os pacientes esquecidos polas súas familias.
En 1988 estreouse a película francesa Camille Claudel, dirixida por Bruno Nuytten e con Isabelle Adjani e Gérard Depardieu nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.
Referencias
1. ↑ Museo Rodin. «Cronología de Auguste Rodin». Consultado el 23 de enero de 2013. 2. ↑ Museo de Orsay. «Camille Claudel, La edad madura». Consultado el 23 de enero de 2013. 3. ↑ Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado el 23 de enero de 2013.
Enlaces externos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Camille Claudel |
- Llamarse Camille Claudel Artículo del escritor Germán Uribe
- "Camille Claudel por Reine-Marie Paris" (en francés).
- Asociación Camille Claudel (en francés).
- Web del cortometraje 'Camille', sobre Camille Claudel (en catalán) (en inglés)'(en francés).