Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
No [[2006]], sendo decano [[Alberto Valderruten Vidal]] e vicedecano de Relacións coa Industria [[Víctor Gulías | Víctor M. Gulías]], a Facultade propón a creación dun punto de encontro entre a universidade e a empresa que se materializa coa posta en marcha un ano máis tarde do [[CITIC]], no que conflúen os departamentos de I+D de empresas do sector TIC cos grupos de investigación da [[UDC]] nun edificio do Parque Tecnolóxico próximo á FIC.
 
A implantación do [[Espazo Europeo de Educación Superior]] determinou que as antigas titulacións deran paso no curso [[2010]]/[[2011]] ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade [[José María Barja Pérez]] e que comezara coa implantación do Mestrado en Informática en [[2006]], transformándoseo nocal Mestradose Universitarioacabaría entransformando, Enxeñeríano de Sistemas Informáticos enano [[2009]], eno culminandoMestrado coaUniversitario implantaciónen do títuloEnxeñarías de GradoSistemas en Enxeñería Informática un ano máis tardeInformáticos.
 
Desde o curso 2010/2011 se imparte o título de grao en Enxeñaría Informática pola [[UDC]], que propón a integración de tódalas especialidades previstas no Consello de Universidades para a formación de profesionais en Enxeñaría Técnica en Informática.
 
No curso [[2012]]/[[2013]] implántase o Mestrado Universitario en Enxeñería Informática, título co que a Facultade remata o proceso de adaptación da súa oferta académica ó Espazo Europeo de Educación Superior e que se corresponde coa formación do Enxeñeiro en Informática seguindo as recomendacións do marco profesional. Neste mesmo curso se oferta por última vez a posibilidade de que un enxeñeiro técnico acceda ó segundo ciclo da enxeñería en extinción e por primeira vez a posibilidade de acceso ó curso de adaptación ó Grao.
104

edicións

Menú de navegación