Xuventudes Socialistas de Galicia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q11705410 |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
[[Categoría:PSdeG-PSOE]] |
[[Categoría:PSdeG-PSOE]] |
||
[[es:Xuventudes Socialistas de Galicia]] |
Revisión como estaba o 21 de abril de 2013 ás 16:22
Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Ainda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).
Historia e características
As primeiras agrupacións locais das XSG xurden nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904. Autodefínense coma unha organización que ten os seguintes obxectivos: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.
Obxectivos
Os seus obxectivos son:
- Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
- Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
- Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualde, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
- Loitar contra todo tipo de explotación.
- A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedade de constante progreso.
- A plena emancipación da mocidade galega.