Periodistas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Series de televisión españolas por Categoría:Series de televisión de España
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q11698949
Liña 48: Liña 48:
[[Categoría:Series de televisión de España]]
[[Categoría:Series de televisión de España]]
[[Categoría:Series de televisión de Telecinco]]
[[Categoría:Series de televisión de Telecinco]]

[[es:Periodistas (serie de televisión)]]

Revisión como estaba o 21 de abril de 2013 ás 14:02

Periodistas foi unha serie de televisión producida por Globomedia, emitida en Telecinco entre 1998 e xullo de 2002, cun total de 9 temporadas e máis dun centenar de capítulos. Foi unha das series de máis éxito durante os seus 4 anos de emisión, só por detrás de Médico de Familia, da que se considera un spin off, xa que Clara, personaxe interpretado por Belén Rueda, apareceu primeiro en Médico de familia e pasou a ser unha das protagonistas de Periodistas.

A serie emítese actualmente os domingos despois de medianoite nunha das canles de TDT de Telecinco, Telecinco Estrellas.

Argumento

A serie desenvólvese na sección de Local dun ficticio xornal chamado Crónica Universal. Alí traballaban nos inicios o xefe de Local, Luis Sanz (José Coronado), o redactor jefe, Blas (Álex Angulo), as redactoras Ana (Alicia Borrachero) e Ali (Esther Arroyo), un becario, José Antonio (Pepón Nieto), os fotógrafos Clara (Belén Rueda) e Willy (Joel Joan) e a secretaria Mamen (María Pujalte). Tamén cobra gran protagonismo a subdirectora do xornal, Laura (Amparo Larrañaga) entre outros.

Co tempo moitos actores foron deixando a serie e houbo novas fichaxes, de maneira que eran poucos os actores do reparto inicial (concretamente Belén Rueda, Alicia Borrachero, Álex Angulo e Enric Arredondo) que se mantiñan na última temporada. Tamén formaron parte do reparto durante toda a serie personaxes secundarios como Herminio (Pepín Salvador), Miguelón (Paco Catalá) e Emma (Nadia Henche).

Personaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas