Hector Berlioz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q1151
Liña 87: Liña 87:
[[Categoría:Compositores de Francia]]
[[Categoría:Compositores de Francia]]
[[Categoría:Romanticismo]]
[[Categoría:Romanticismo]]

[[be:Гектар Берліёз]]

Revisión como estaba o 21 de abril de 2013 ás 13:27

Hector Berlioz
Hector Berlioz en 1863.
Nome completoLouis-Hector Berlioz
Nacemento11 de decembro de 1803 e 1803
 La Côte-Saint-André
Francia República Francesa
Falecemento8 de marzo de 1869 (65 anos)
 París
Francia Imperio Francés
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeFrancia
Relixiónateísmo
Educado enConservatorio de París
Composicións destacadasSymphonie fantastique
Harold en Italie
Requiem
Benvenuto Cellini
Les Nuits d'été
La Damnation de Faust
L’Enfance du Christ
Les Troyens
PaiLouis Berlioz
Parella/sHarriet Smithson († 1854)
Marie Recio († 1862)
PremiosPrix de Rome
Na rede
http://www.hberlioz.com/
IMDB: nm0075685 IBDB: 485477
Spotify: 11T8SOX82xraocZzUXzkvM iTunes: 219726 Last fm: Hector+Berlioz Musicbrainz: 274774a7-1cde-486a-bc3d-375ec54d552d Songkick: 434437 Discogs: 108565 IMSLP: Category:Berlioz,_Hector Allmusic: mn0001436021 WikiTree: Berlioz-4 Find a Grave: 89 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor francés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo, é moi coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, o Réquiem, estreado en 1837, e a súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica que incluía catro grupos de metais "antifonais".

Traxectoria

Primeiros anos

Hector Berlioz naceu o 11 de decembro de 1803 na localidade francesa de La Côte-Saint-André[1], no departamento de Isère, preto de Grenoble, no seo dunha familia do Delfinado. Seu pai, Louis-Joseph Berlioz, era un respectado[2] médico de provincias[3] e académico, foi o responsable de boa parte da educación inicial de Berlioz.[2] Louis-Joseph Berlioz era un ateo,[3] cunha perspectiva liberal;[4]. Súa nai, Marie-Antoinette, era unha católica ortodoxa.[2][3] Tivo cinco irmáns en total, tres deles non chegaron á idade adulta[5], mentres que os outros dous, Nanci e Adèle, mantivéronse preto de Berlioz ao longo da súa vida.[4]

Berlioz non foi un neno prodixio, a diferenza doutros famosos compositores do seu tempo; comezou a estudar música aos 12 anos, cando comezou a escribir pequenas composicións e arranxos. Como resultado do desánimo de seu pai, nunca aprendeu a tocar o piano, unha peculiaridade que posteriormente describiu tanto como beneficiosas como prexudiciais.[6] Converteuse sen embargo nun experto en guitarra, chirimía e frauta.[4][7] Aprendeu harmonía só a partir de libros de texto.[4][7] A meirande parte das súas primeiras composicións eran romances e pezas de cámara[7][8].

Se ben aínda tiña 12 anos, como lembra nas súas Mémoires, experimentou a súa primeira paixón por unha muller, unha veciña súa de 18 anos chamada Estelle Fornier (nada Dubœuf).[2][9] Berlioz semella ter sido romántico de xeito innato, esta característica maniféstase nas súas relacións amorosas, a adoración da gran literatura romántica,[10] e o seu lamento nas pasaxes de Virxilio [4] (aos doce anos xa aprendera a ler a Virxilio en latín e a treducilo ao francés baixo a tutela de seu pai), Shakespeare, e Beethoven.

Notas

  1. Matthew B. Tepper. "Matthew B. Tepper". Home.earthlink.net. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Caltech". Its.caltech.edu. 1996-06-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Think Quest". Library.thinkquest.org. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Andante.com". Andante.com.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "eom" está definido varias veces con contidos diferentes
  5. IMDb
  6. "HBerlioz.com". HBerlioz.com. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "w3.rz-berlin.mpg.de". w3.rz-berlin.mpg.de.  [Ligazón morta]
  8. "Rhapsody.com". Rhapsody.com. Consultado o 2010-03-13. 
  9. "Berlioz and Shakespeare". Home.vicnet.net.au. 
  10. "Karadar.com". Karadar.it. 2009-11-15. 

Véxase tamén

Bibliografía

Bibliografia de Berlioz

En francés
En castelán
  • BERLIOZ Hector, Memorias de Hector Berlioz de 1803 a 1865 y sus viajes a Italia, Alemania, Rusia e Inglaterra, contados por él mismo, Taurus, Col·lecció Ensayistas (n° 258), Madrid, 1985, tradución ao castelán de José Vega Merino, rústica, 21 x 13,5 cm., ISBN 84-306-9954-6. Esta edición existe tamén en dous volumos separados:

Bibliografia sobre Berlioz

En francés
  • BALLIF Claude, Berlioz, Seuil, Col·lecció Solfèges, París, 1979, ISBN 978-2-02-000249-3
  • PIATIER François, Benvenuto Cellini de Berlioz ou le Mythe de l'artiste, Aubier, Colección Les grands opéras, París, 1979, ISBN 2-7007-0160-7
  • BARRAUD Henri, Hector Berlioz, Fayard, Col·lecció Les Indispensables de la musique, París, 1989, 506 p., ISBN 978-2-213-02415-8
  • CAIRNS David, Hector Berlioz Vol.1, La formation d'un artiste : 1803 - 1832, Fayard, París, outubro de 2002, tradución ao francés de Dennis Collins, 720 p. : 13,5 x 21,5 cm., ISBN 2-213-61249-8
  • CAIRNS David, Hector Berlioz Vol.2, Servitude et grandeur : 1832 - 1869, Fayard, París, outubro de 2002, tradución ao francés de Dennis Collins, 954 p. : 13,5 x 21,5 cm., ISBN 2-213-61250-1
  • WASSELIN Christian e SERNA Pierre-René, Cahier Berlioz, n° 77, Éditions de L'Herne, París, xaneiro de 2003, ISBN 2-85197-090-9
  • WASSELIN Christian, Berlioz : les deux ailes de l'âme, Éditions Gallimard, París, xaneiro de 2003, ISBN 2-07-076522-9
  • Colectivo de autores baixo a dirección de MASSIP Catherine e REYNAUD Cécile, Berlioz, la voix du romantisme, catálogo da exposición realizada na Biblioteca Nacional de Francia os anos 2003 e 2004, BnF/Fayard, París, setembro de 2003, ISBN 2-213-61697-3;
  • REYNAUD Cécile, BARTOLI Jean-Pierre, BLOOM Peter, baixo a dirección de CITRON Pierre, Dictionnaire Berlioz, Fayard, París, outubro de 2003, ISBN 2-213-61528-4
  • WASSELIN Christian, Berlioz ou le Voyage d'Orphée, Éditions du Rocher, París, outubro de 2003, ISBN 2-268-04795-4
  • SERNA Pierre-René, Berlioz de B à Z, Éditions Van de Velde, París, xuño de 2006, ISBN 2-85868-379-4
En inglés
  • HOLOMAN Dallas Kern, Catalogue of the Works of Hector Berlioz, Bärenreiter, Kassel, 1987, ISBN 3-7618-0449-0
  • HOLOMAN Dallas Kern, Berlioz, Cambridge MA, Harvard University Press, 1989, ISBN 0-674-06778-9

Da biografía de Berlioz por David Cairns existen dúas edicións. A edición de 1989 corresponde ao que máis tarde sería o primeiro volumo de dous:

  • CAIRNS David, Berlioz: The making of an artist, Andre Deutsch Ltd., 1989, cartoné, 586 p., ISBN 0-233-97994-8

A edición de 2000 publica o segundo volumo (ata aquela inédito) así como completa o primeiro:

  • CAIRNS David, Berlioz, Vol.1, The making of an artist: 1803 - 1832, University of California Press, mars de 2000, cartoné, 672 p., ISBN 0-520-22199-0
  • CAIRNS David, Berlioz, Vol.2, Servitude and Greatness: 1832 - 1869, University of California Press, mars de 2000, cartoné, 907 p., ISBN 0-520-22200-8

Nota: cómpre sinalar que na bibliografía en francés menciónase unha tradución ao francés desta edición de 2000 da biografía de Berlioz por David Cairns.

En alemán
  • O compositor alemán Alfred Schattmann escribiu unha monografía moi completa de Berlioz.

Ligazóns externas

Modelo:Link FA