Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
A literatura, como en xeral a cultura bizantina en todos os seus aspectos, caracterízase por tres elementos: helenismo, cristianismo e influxo oriental. Helenismo porque continúa a tradición da Grecia clásica pese aos intentos romanizadores de Xustiniano e o seu sobriño Xustino II, que só alcanzaron ao dereito. Cristianismo porque esa foi desde Constantino a relixión do Imperio, malia a oposición intelectual ata ben entrado o século VI; influxo oriental pola estreita relación con pobos asiáticos e africanos.
 
A [[literatura bizantina]] conta cun poema en grego popular, o de ''[[Dígenis Akritas]]'', e con líricos de primeira orde como [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]]. Posúe uns xéneros característicos, como os [[bestiario]]s, [[volucrario]]s, [[lapidario]]s e as [[novela bizantina|novelas bizantinas]] ([[Eustacio Macrembolita]], ''Os amores de Isinia e Ismino'', [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]], ''Os amores de Rodante e Dosicles'', [[Nicetas Euxeniano]], ''As aventuras de Drusila e Caricles'' e [[Constantino Manasés]], ''Aventuras de Aristandro e Calitea''). Foi especialmente fecunda en escritos teolóxicos, cristolóxicos e [[haxiografía|haxiográficos]]. Foi en particular relevante para a literatura occidental a historia de ''[[Barlaam e Xosafat]]'', onde se atopan alusións á vida de [[Buda]], e que foi divulgada por todo Occidente.
 
A historia tivo representantes eminentes, como [[Procopio de Cesarea]], secretario que foi do famoso xeneral [[Belisario]] durante o reinado de Xustiniano e á vez panexirista do emperador nos seis libros das súas ''Historias'' e o seu detractor na chamada ''Historia secreta''. Na lírica destaca o [[epigrama]] con figuras como [[Paulo Silenciario]] e [[Agatías]], este último antoloxista e historiador do período que seguiu a Xustiniano. [[Xurxo de Pisidia]] compuxo poesía e epigramas. Existe un interesante libro de viaxes de [[Cosmas Indicopleustes]]. Do século VII destaca un historiador, [[Simocata]], que non chega á importancia de Procopio; neste século destaca o poeta [[Romano o Mélodo]], autor de [[himno]]s relixiosos. Entre o século VIII e o XI se compila a xa mencionada [[epopea]] nacional ''Dígenís Akritas'', composta nunha lingua semiculta; tamén se fan poemas sobre as fazañas de [[Alexandre Magno]] e compóñense [[enciclopedia]]s como a [[Suda]], de non sempre esquisita veracidade. Recompilouse nesta época o máis importante ''corpus'' de epigramática grega que se conserva, a ''[[Antoloxía palatina]]''. O cristianismo entra no xénero tradicional pagán coa obra do monxe [[Teodoro Estudita]] e da monxa poetisa [[Casia]]. Algúns emperadores dedicáronse ás letras, como [[León VI o Sabio]], que foi poeta, así como o seu fillo, [[Constantino VII]] Porfiroxéneta. [[San Xoán Damasceno]] compuxo tratados teolóxicos e polémicos en escuro estilo; o citado Teodoro escribe tamén sobre a cuestión iconoclasta, así como obras [[ascética]]s e de esexese.
49.462

edicións

Menú de navegación