Perpiaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 8 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q121649
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q121649
Liña 17: Liña 17:


[[Categoría:Construción]]
[[Categoría:Construción]]

[[qu:Pirqana rumi]]

Revisión como estaba o 15 de abril de 2013 ás 16:10

Parede inca en Machu Picchu, construída con grandes perpiaños.

Un perpiaño é unha pedra labrada por varias das súas caras, xeralmente en forma de paralelepípedo, e que forma parte das obras de cantería.

Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.

Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ó ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden estar decorados por pequenos sucos gravados. Esta decoración coñécese como a firma do canteiro.

Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonería, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.

É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega e romana e na arquitectura gótica, onde a construción de catedrais fomentou o forte desenrolo do movemento masón.

Véxase tamén

Outros artigos