Frankfurt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: vo:Frankfurt len Main
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: ro:Frankfurt pe Main
Liña 154: Liña 154:
[[qu:Frankfurt]]
[[qu:Frankfurt]]
[[rm:Frankfurt]]
[[rm:Frankfurt]]
[[ro:Frankfurt]]
[[ro:Frankfurt pe Main]]
[[roa-rup:Frankfurt am Main]]
[[roa-rup:Frankfurt am Main]]
[[ru:Франкфурт-на-Майне]]
[[ru:Франкфурт-на-Майне]]

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2007 ás 10:06

Para a outra cidade chamada Fráncfort vexa Frankfurt do Oder.
Escudo Emprazamento da cidade no mapa de Alemaña.
Datos básicos
Estado: Hesse
Superficie: 248,31 km²
Poboación: 657.126
Densidade: 2.595 hab/km²
Website: frankfurt.de
Sé de Banco Central Europeo
Bundesbank
Bolsa de Fráncfort
Distritos (Bezirke)
1.Innenstadt I
2.Innenstadt II
3.Innenstadt III
4.Innenstadt IV
5.Süd
6.West
7.Mitte-West
8.Nord-West
9.Mitte-Nord
10.Nord-Ost
11.Ost
12.Kalbach
13.Nieder-Erlenbach
14.Harheim
15.Nieder-Eschbach
16.Bergen-Enkheim
Os distritos están subdivididos en 46 barrios

Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.
Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Historia

O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vao (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.

O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou nesta cidade boa parte da súa vida. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sé de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.

Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.

Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial.

A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.

Capital financeira da Unión Europea

Eurotower, sé do BCE

O Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sé principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.

Un moderno edificio, que deberá alberga-la sé do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Meno sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.

Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sé de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Meno fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó barrio neoyorquino de Manhattan.

Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo

Lugares de Interese

Vista panorámica de Frankfurt
  • Casa natal de Goethe.
  • Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
  • Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
  • Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura e o Museo de Artes Aplicadas.
  • Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
  • Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
  • Maintower (Torre do Meno): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
  • A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un toro (polo alza) e un oso (pola baixa).
  • Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
  • Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
  • Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
  • Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
  • Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).

Transportes

O Aeroporto de Fráncfort é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. É considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.

Ó igual que Berlín, Fráncfort implementou un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.

Pola súa parte, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.