Procopio de Cesarea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:
* [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Procopius/Anecdota/home.html Historia secreta] Versión inglesa no LacusCurtius
* [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Procopius/Anecdota/home.html Historia secreta] Versión inglesa no LacusCurtius
* [http://www.satrapa1.com/articulos/antiguedad/clasicos/procopio/proemio.htm Historia secreta] Versión en castelán en Satrapa1
* [http://www.satrapa1.com/articulos/antiguedad/clasicos/procopio/proemio.htm Historia secreta] Versión en castelán en Satrapa1
* [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Procopius/Buildings/home.html Sobre los edificios] Versión inglesa en LacusCurtius
* [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Procopius/Buildings/home.html Sobre os edificios] Versión inglesa en LacusCurtius
[[Categoría:Historiadores bizantinos]]
[[Categoría:Historiadores bizantinos]]
[[Categoría:Finados en 565]]
[[Categoría:Finados en 565]]

Revisión como estaba o 11 de abril de 2013 ás 18:13

Procopio (Procopius (en grego Προκόπιος) foi un dos máis eminentes historiadores bizantinos.

Traxectoria

Era orixinario de Cesarea de Palestina. Estudou o grego clásico e asistiu a unha escola de dereito, probabelmente en Beirut. Cando aínda era mozo foi a Constantinopla e destacou como avogado e mestre en elocuencia, ata o punto que atraeu a atención de Belisario, que o nomeou o seu secretario (ὑπογραφεύς). Nesta condición Procopio acompañou ao gran xeneral ás súas guerras en Asia, África e Italia, nas cales realizou a miúdo algunhas tarefas diplomáticas e mesmo operacións militares. Durante a Guerra gótica de Italia recibiu o departamento do comisariado e á fronte da flota tivo parte decisiva na vitoria da campaña. Foi testemuña de feitos como o Asedio de Roma (537-538) e a captura da capital dos godos, Ravenna, onde se rendeu o rei godo Vitixes. Volveu con Belisario á capital un pouco antes do 542, pero non participou na segunda campaña do xeneral en terras itálicas, desta vez contra o novo rei godo Tótila. O emperador deulle o título de ilustre, fíxoo senador e o 562 nomeouno prefecto de Constantinopla. Morreu pouco antes ou ao pouco da morte de Xustiniano I o 565, cando tiña algo máis de 60 anos.

Obra

Na súa obra histórica dá unha descrición moi esmerada da praga que afectou Constantinopla o 543, cuns detalles médicos que fixo pensar que era médico ou tiña grandes coñecementos, pero o máis probábel é que a súa fonte fosen algúns médicos amigos. Como historiador é eloxiado por todos os que o seguiron; escribía sobre modelos clásicos, cun estilo elegante e descritivo, pleno de vigor, demostrando continuamente que escribía sobre temas dos que tiña unha moi boa información; foi o principal historiador do reinado de Xustiniano I. As súas obras principais foron:

  1. Ιστορίαι, Historia das guerras, obra dividida en 8 libros sobre as guerras libradas polo Imperio Bizantino durante o reinado de Xustiniano. Dous sobre as guerras persas, do 408 ao 553, dous sobre as guerras cos vándalos do 395 ao 545 e catro sobre as guerras góticas (de feito o cuarto libro é un suplemento con materias tamén doutros acontecementos) ata o 553, que foi continuado por Agatías ata o 559.
  2. Κτίσματα, Libri VI. de Aedificiis conditis vel restoratis auspicio Justiniani. Panexírico destinado a eloxiar as obras públicas erixidas por Xustiniano. Estruturado en seis libros, foi escrito seguramente durante a segunda metade da década de 550 e publicouse o 561. Preséntase a Xustiniano como o prototipo de gobernante cristián que levanta igrexas pola gloria de Deus, fortifica a cidade para gardar os seus súbditos ou mostra unha especial preocupación polo fornecemento de auga.
  3. Ανέκδοτα, Historia Arcana ou Historia Secreta. Colección de anécdotas, a miúdo licenciosas e outras veces absurdas, que constitúen unha crónica escandalosa da corte do 549 ao 562. É a súa obra máis famosa. Menciónase no Suidas baixo o título grego de Anécdota, pero non se descubriu ata varios séculos máis tarde, na Biblioteca Vaticana, e non se editou ata o 1623. Historia Secreta fai referencia aos mesmos anos que os sete primeiros libros de Historia das Guerras, pero segundo o autor, narra aquilo que non estaba autorizado a escribir nas súas obras oficiais por medo ás represalias do emperador. A historia secreta revela un autor profundamente decepcionado co emperador Xustiniano I e a súa esposa, a emperatriz Teodora, así como Belisario, o seu antigo xefe e protector, e Antonina. As anécdotas expoñen os segredos das súas accións públicas, así como a vida privada do emperador, a súa muller e os seus. Xustiniano é mostrado como cruel, corrupto e incompetente mentres que de Teodora detállase a súa vulgaridade e luxuria insaciábel, combinadas con mal carácter e ruindade. Algunhas opinións dubidaron que Historia Secreta fose escrita por Procopio, pero a análise do texto corrobora o seu autoría.
  4. Orationes.

Véxase tamén

Ligazóns externas