Chengdu: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado coordenadas
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
[[Categoría:Cidades da China]]
[[Categoría:Cidades da China]]


{{Link FA|zh}}
{{Ligazón AD|zh}}

Revisión como estaba o 10 de abril de 2013 ás 08:43

Coordenadas: 30°37′0″N 104°5′59″L / 30.61667, -104.09972

Chengdu (chinés: 成都; Pinyin: Chéngdū) é unha cidade da China, capital da provincia de Sichuan, na bacía do mesmo nome pertencente ao curso medio do río Yangtzé, no centro do país.

Historia e caracteísticas

A beira dun dos seus afluentes, o río Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade, de 12.346 km2, ten unha poboación de 11.030.000 (2006), dos que 4.520.000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.

De fundación tan antiga coma a dinastía Zhou (1027-256 aC), coa trama en parrilla ortogonal típica do urbanismo chinés primixenio, foi sempre a principal capital desa rexión inda que periférica respecto as capitais imperiais.

Prestixioso centro manufactureiro de telas, brocados e lacados, asemade cultural coma conservador das esencias da ópera chinesa, converteuse dende a Segunda Guerra Mundial nunha metrópole industrial e comercial.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Ligazón AD