Alcipreste: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 115: Liña 115:
* ''[[Cupressus guadalupensis]]'' <small>[[S.Watson]]</small> - ''' alcipreste de Guadalupe'''.
* ''[[Cupressus guadalupensis]]'' <small>[[S.Watson]]</small> - ''' alcipreste de Guadalupe'''.
* ''[[Cupressus forbesii]]'' <small>[[Jeps.]]</small> (''C. guadalupensis'' var. ''forbesii'')
* ''[[Cupressus forbesii]]'' <small>[[Jeps.]]</small> (''C. guadalupensis'' var. ''forbesii'')
* ''[[Cupressus lusitanica]]'' <small>[[Lindl.]] ex [[Parl.]]</small> - ''' alcipreste portugués''', '''piñeiriño''', '''cedro de Portugal''', procedente de [[México]] e [[Guatemala]], pero moi popular en [[Portugal]].
* ''[[Cupressus lusitanica]]'' <small>[[Lindl.]] ex [[Parl.]]</small> - ''' alcipreste de Portugal''', '''piñeiriño''', '''cedro de Portugal''', procedente de [[México]] e [[Guatemala]], pero moi popular en [[Portugal]].
* ''[[Cupressus macnabiana]]'' <small>[[A.Murray]]</small>
* ''[[Cupressus macnabiana]]'' <small>[[A.Murray]]</small>
* ''[[Cupressus macrocarpa]]'' <small>[[A.Cunn.]]</small> (''C. lambertiana'') - ''' alcipreste de Monterey''', '''alcipreste da California''' - procedente da California (EUA)
* ''[[Cupressus macrocarpa]]'' <small>[[A.Cunn.]]</small> (''C. lambertiana'') - ''' alcipreste de Monterey''', '''alcipreste da California''' - procedente da California (EUA)
Liña 129: Liña 129:
* ''[[Austrocedrus chilensis]]'' <small>([[D.Don]]) [[Florin]] & [[Boutelje]]</small> - "alcipreste de La Cordillera" que se pode atopar na zona do cordal do centro e sur [[chile]]no e [[Arxentina|arxentino]].
* ''[[Austrocedrus chilensis]]'' <small>([[D.Don]]) [[Florin]] & [[Boutelje]]</small> - "alcipreste de La Cordillera" que se pode atopar na zona do cordal do centro e sur [[chile]]no e [[Arxentina|arxentino]].
* ''[[Pilgerodendron uviferum]]'' - <small>([[D.Don]]) [[Florin]]</small> - " alcipreste de Las Guaitecas", medra máis ao sur do anterior e tamén na costa chilena á mesma latitude.
* ''[[Pilgerodendron uviferum]]'' - <small>([[D.Don]]) [[Florin]]</small> - " alcipreste de Las Guaitecas", medra máis ao sur do anterior e tamén na costa chilena á mesma latitude.
* ''[[Taxodium mucronatum]]'', alcipreste Moctezuma.
* ''[[Taxodium mucronatum]]'', alcipreste Moctezuma.


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 8 de abril de 2013 ás 14:52

Alciprestes (xénero Cupressus)

Alcipreste común: follas e mazás
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: Cupressus
L. 1753
Especies

Ver no texto.

Exemplares ornamentais (Cupressus macrocarpa)

Os alciprestes son árbores coníferas do xénero Cupressus. Téñense naturalizado en moitas rexións temperadas do Hemisferio Norte, especialmente de clima mediterráneo, coas temperaturas e solos axeitados, medrando espontaneamente e polo xeral de xeito espallado. Cultívanse comercialmente en África oriental, Sudáfrica e Nova Zelandia. Moitas das especies cultívanse coma árbore ornamental en parques e xardíns de Europa. En Galicia só os atopamos en xardíns formais, sendo comúns na xardinaxe de pazos e cemiterios.

Etimoloxía

O termo galego alcipreste ou ciprés provén do provenzal cipres, e este do latín serodio cypressus. Ademais existen variedades dialectais coma aciprés, acipreste, alciprés ou cipreste.

Descrición

Como todas as coníferas, son de folla persistente, poden acadar os 20 m de altura cun diámetro aproximado duns 60 cm. O seu porte é piramidal, de crecemento rápido nos primeiros anos de vida, indo máis amodo despois até acadar arredor dos 300 anos de vida. Posúen un tronco recto e de casca magra na que se forman fendas lonxitudinais. As follas son miudiñas (2-6 mm de lonxitude) con forma de escama tipo frouma, aliñadas en parellas opostas e decusadas.
Florea a finais do inverno e nun mesmo exemplar prodúcense flores masculinas e femininas; as masculinas forman conos ovais de cor verdosa que penduran das puntas das pólas. Os femininos son lixeiramente esféricos, compostos arredor de 12 escamas que ao se desenvolver se tornan nun gálbulo globular de 3x4 cm, de cor verde ao principio virándose avermellado e marrón ao acadar a madureza. Produce un froito semellante a unha noz, chamado popularmente en galego mazá. A súa semente é negra e miúda.

Usos

A madeira dos alciprestes, resinosa e odorífera (semellante ao cheiro da madeira de cedro), é moi apreciada para construcións xa que non lle entra a couza. Ten unha cor parda amarelenta clara, de textura fina e, xeralmente, de gran recto. Adóitase empregar para a elaboración de caixas, e a mellor escolla de madeira pode empregarse para táboas decorativas, tornaría ou chapas de guitarras.

Moitas especies e variedades son de uso ornamental.

Etnoloxía

Considérase, en culturas como a galega, símbolo da morte, por iso abunda nos cemiterios. En Galicia tamén é unha árbore aristocrática por excelencia, por iso aparece nas hortas e xardíns de pazos, casas grandes e mosteiros.

Rosalía de Castro fala dos alciprestes na súa obra Follas Novas (p. 197, 2a edic.):

De Galicia os cimiterios, c'os seus alciprestes altos;

c'os seus olivos escuros, i os seus homildes osarios;

todos de frores cobertos, frescos com'os nosos campos;

pol-as mañáns melancónicos, 'e nas tardes solitarios,...

Capela do Ciprés, en Samos.


Tamén no folclore popular é nomeado en diversos ditos:

O alcipreste non se rega, porque crece coa lentura.

Os alciprestes, como os fidalgos, poucos, soilos e altos.

Eu subín a un alcipreste, Nunca tan alta me vín; Se o alcipreste é a morte, Eu para morrer nacín.

Eu rubín a un alcipreste, Cheguei ao medio e caín; O alcipreste ten a morte, Eu para morrer nacín.

Alcipreste, rei das aves, Amparo dos paxariños; Cando te deixe de amar, Ja as aves non farán niño.

Se soubera que ti viñas, Como de certo viñeche, Mandara varrer a rúa, Con ramiños de alcipreste.

Especies

Mazás do alcipreste común

O número de especies recoñecidas de alciprestes en todo o mundo varía bastante, entre 16 e 25 ou se cadra máis. Isto é por mor a que a meirande parte das poboacións son pequenas e se atopan illadas, polo que non é doado as clasificar segundo o rango de especie, subespecie ou variedade.

Especies do Vello Mundo

Estes alciprestes soen ter estróbilos con máis escamas (entre 8-14, raramente 6 en C. funebris), cada escama cunha larga e curta crista, non unha espiña. Cupressus sempervirens é a especie tipo do xénero, a máis común en Galicia, e que define o nome alcipreste ou ciprés.

Especies do Novo Mundo

Cupressus macrocarpa.

Estes alciprestes soen ter estróbilos con relativamente poucas escamas (entre 4-8, raramente máis en C. macrocarpa), cada escama cunha espiña prominente e estreita. Probas xenéticas moi recentes evidencian que están menos emparentados coas especies do Vello Mundo do que se pensaba anteriormente, tendo máis parentesco cos Callitropsis e Juniperus. Polo tanto, estase considerando un cambio na clasificación xenérica nun futuro, xa for aos Callitropsis ou a un novo xénero.

Existen árbores doutros xéneros que por analoxía con Cupressus tamén son denominadas comunmente "ciprés" ou alcipreste:

Véxase tamén

Ligazóns externas