Carapucha 5': Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{entradución}} |
{{entradución}} |
||
En [[bioloxía molecular]], a '''carapucha 5′''' ou '''carapucha 5 prima''' (moitas veces utilízase a denominación inglesa '''5' cap''' ou 5'-cap) é un [[nucleótido]] especialmente alterado situado no [[extremo 5']] do [[pre-ARNm|ARN mensaxeiro precursor]] e algúns outros transcritos primarios atopados en [[eucarionte|eucariotas]]. Tamén se pode denominar '''carapucha 7-metilguanosina''', carapucha m7G, carapucha G ARN m<sup>7</sup>, caparucha 5', caparuza 5' ou gorra 5'. O proceso de formación da carapucha 5' é vital para crear [[ARNm maduro]], que pode experimentar despois a súa [[tradución de proteínas|tradución]] a [[proteína]]s. A formación da carapucha asegura a estabilidade do [[ARNm]] durante a tradución, e é un proceso moi regulado que ocorre no [[núcleo celular]] exclusivamente, polo que os ARNm de [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s non teñen carapucha 5'. |
En [[bioloxía molecular]], a '''carapucha 5′'''<ref>Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxina 440. ISBN 84-282-0752-6.</ref> ou '''carapucha 5 prima''' (moitas veces utilízase a denominación inglesa '''5' cap''' ou 5'-cap) é un [[nucleótido]] especialmente alterado situado no [[extremo 5']] do [[pre-ARNm|ARN mensaxeiro precursor]] e algúns outros transcritos primarios atopados en [[eucarionte|eucariotas]]. Tamén se pode denominar '''carapucha 7-metilguanosina''', carapucha m7G, carapucha G ARN m<sup>7</sup>, caparucha 5', caparuza 5' ou gorra 5'. O proceso de formación da carapucha 5' é vital para crear [[ARNm maduro]], que pode experimentar despois a súa [[tradución de proteínas|tradución]] a [[proteína]]s. A formación da carapucha asegura a estabilidade do [[ARNm]] durante a tradución, e é un proceso moi regulado que ocorre no [[núcleo celular]] exclusivamente, polo que os ARNm de [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s non teñen carapucha 5'. |
||
==Estrutura da carapucha 5′== |
==Estrutura da carapucha 5′== |
Revisión como estaba o 3 de abril de 2013 ás 18:47
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 11 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
En bioloxía molecular, a carapucha 5′[1] ou carapucha 5 prima (moitas veces utilízase a denominación inglesa 5' cap ou 5'-cap) é un nucleótido especialmente alterado situado no extremo 5' do ARN mensaxeiro precursor e algúns outros transcritos primarios atopados en eucariotas. Tamén se pode denominar carapucha 7-metilguanosina, carapucha m7G, carapucha G ARN m7, caparucha 5', caparuza 5' ou gorra 5'. O proceso de formación da carapucha 5' é vital para crear ARNm maduro, que pode experimentar despois a súa tradución a proteínas. A formación da carapucha asegura a estabilidade do ARNm durante a tradución, e é un proceso moi regulado que ocorre no núcleo celular exclusivamente, polo que os ARNm de mitocondrias e cloroplastos non teñen carapucha 5'.
Estrutura da carapucha 5′
A carapucha 5′ encóntrase no extremo 5′ dunha moécula de ARNm e consiste nunha molécula do nucleótido guanosina unido ao ARNm por medio dun inusual enlace 5′-5′ trifosfato. Esta guanosina é metilada in vivo na posición 7 directamente despois da formación da carapucha por unha metil transferase. Por iso se denomina tamén carapucha 7-metilguanosina ou 7-metilguanilato, abreviada m7G.
Posteriores modificacións son a posible metilación dos grupos hidroxilo 2' das dúas primeiras ribosas do extremo 5' do ARNm. A metilación de ambos os grupos hidroxilo móstrase no diagrama.
A carapucha 5′ parécese ao extremo 3′ dun ARN (o carbono 5′ da ribosa da carapucha está enlazado, e o 3' non). Isto proporciónalle á molécula unha significativa resistencia ás exonucleases 5'.
Formación da carapucha
O punto de comezo para a formación da carapucha (capping) é o extremo 5' inalterado dunha molécula de ARNm. Este presenta un nucleótido final unido a tres grupos fosfato polo carbono 5'.
- Un dos grupos fosfato terminais é eliminado por unha fosfatase terminal do ARN, o que deixa só dous fosfatos.
- Engádese un GTP a eses fosfatos terminais pola acción dunha guanilil transferase, e no proceso pérdense dous grupos fosfato procedentes do GTP, polo que o que se engade realmente é GMP. Como o GMP se uniu polo seu único fosfato aos dous grupos fosfato que xa estaban no extremo, fórmase un enlace 5′–5′ trifosfato.
- O nitróxeno en posición 7 da base nitroxenada guanina do GMP é metilado seguidamente por unha metil transferase.
- Se a segunda base desde o extremo é adenina, pode ser metilada tamén; e a terceira base desde o extremo é moitas veces metilada tamén (o 10-15% das veces).
Encimas implicados
O complexo encimático para a adición da carapucha (Capping Enzyme Complex, CEC) necesario para a formación da carapucha está unido á ARN polimerase II antes de que empece a transcrición. Axiña que o extremo 5' do novo transcrito emerxe durante a transcrición, os encimas transfírense a el e empezan a formar a carapucha (este é un mecanismo similar ao que se produce na poliadenilación).
Os encimas para a formación da carapucha soamente poden unirse á ARN polimerase II asegurando así a especificidade para só eses transcritos, que son case exclusivamente ARNm.
Función da carapucha 5′
A carapucha 5′ ten 4 funcións principais:
- Regulación da exportación nuclear dos ARNm.
- Prevención da degradación por exonucleases do ARNm.
- Promoción da tradución doa ARNm.
- Promoción da excisión do intrón máis próximo ao extremo 5′.[2]
A exportación nuclear do ARN está regulada polo complexo de unión á carapucha (cap binbing complex, CBC), que se une exclusivamente aos ARN con carapucha. O CBC é recoñecido despois polo complexo dos poros nucleares e exportado. Unha vez no citoplasma despois da primeira rolda de tradución do ARNm, o CBC é substituído polos factores de transcrición eIF-4E e eIF-4G. Este complexo é despois recoñecido pola outra maquinaria de iniciación da tradución incluído o ribosoma.[3]
A carapucha 5' impide a degradación do ARN de dúas maneiras. En primeiro lugar, como se mencionou antes, impídese a degradación do ARNm polas exonucleases 5′ porque funcionalmente o extremo 5' con carapucha semella un extremo 3'. En segundo lugar, o complexo CBC e o factor eIF-4E/eIF-4G bloquean o acceso á carapucha dos encimas que eliminan a carapucha (decapping). Isto incrementa a vida media do ARNm, esencial nos eucariotas, xa que o proceso de exportación leva bastante tempo.
A eliminación da carapucha dun ARNm está catalizada por un complexo formado por polo menos Dcp1 e Dcp2, o cal debe competir con eIF-4E para unirse á carapucha. Así, a carapucha 5' é un marcador dos ARNm en activa tradución e as células utilízano para regular as vidas medias dos ARNm en resposta a novos estímulos. Os ARNm non desexables envíanse aos corpos P para o seu almacenamento temporal ou para a eliminación da carapucha, proceso do que non se coñecen os detalles.[4]
O mecanismo da promoción da excisión do intrón proximal do extremo 5' non se comprende ben, pero a carapucha 5′ parece formar un un bucle arredor do espliceosoma e interacciónar con el durante o proceso de splicing, o que promovería a excisión do intrón.
Notas
- ↑ Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxina 440. ISBN 84-282-0752-6.
- ↑ "Recognition of cap structure in splicing in vitro of mRNA precursors". Parámetro descoñecido
|acceso=
ignorado (Axuda) - ↑ Kapp, L.D.; Lorsch, J.R. (2004). "The Molecular Mechanics of Eukaryotic Translation" (PDF). Annual Review of Biochemistry 73 (1): 657–704. PMID 15189156. doi:10.1146/annurev.biochem.73.030403.080419.
- ↑ Parker, R.; Sheth, U. (2007). "P Bodies and the Control of mRNA Translation and Degradation" (w). Molecular Cell 25 (5): 635–646. PMID 17349952. doi:10.1016/j.molcel.2007.02.011.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- "RNA Caps". PubMed Medical Subject Heading (MeSH). National Institutes of Health.