Taiwán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 148 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q865
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q865
Liña 121: Liña 121:


[[he:הרפובליקה הסינית]]
[[he:הרפובליקה הסינית]]
[[nl:Republiek China]]

Revisión como estaba o 1 de abril de 2013 ás 13:21

Modelo:País (En galego: Taiwán, En chinés: Tradicional: 臺灣 or 台灣; Simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân)

A República de China (中華民國 ZhongHuá MínGuó, comunmente chamada Taiwán) é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República de China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fora a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República de China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Historia

A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente ós habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, China foi obrigada a ceder Taiwán a Xapón a perpetuidade.

Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, Xapón aceptou os términos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba a China. As tropas recén chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.

O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai Chek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial de China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.

Organización político-administrativa

Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.

Tanto a constitución da República Popular da China como a da República de China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia de China.

Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República de China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.

A República Popular China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre o mesmo.

Para máis información sobre a organización político-administrativa e o goberno de Taiwán, véxase a sección correspondente no artigo República de China.

Mapa de Taiwán
Mapa de Taiwán

Xeografía

A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo Estreito de Taiwán.

Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.

O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Tifóns e terremotos son frecuentes na illa.

Economía

Artigo principal: Economía de Taiwán.

A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.

Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores inversores na República Popular da China.

Demografía

Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.

Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.

Cultura

Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.

Ligazóns externas

Modelo:Link FA