Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8963087 |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
[[Categoría:Vigo]] |
[[Categoría:Vigo]] |
||
[[Categoría:Fundacións de Galicia]] |
[[Categoría:Fundacións de Galicia]] |
||
[[es:Fundación Penzol]] |
Revisión como estaba o 1 de abril de 2013 ás 00:42
A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963 para preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981) e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. A súa presidenta é Blanca Jiménez de Penzol, e o director é Francisco Domínguez.
Posúe unha das maiores coleccións de folletos, libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e manuscritos da historia recente de Galiza. Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco.
Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas e ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.
A súa sede está na Casa Galega da Cultura de Vigo, na praza da Princesa.
Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Fundación Penzol, na web de Editorial Galaxia.