Reino do Congreso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 29 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q221457
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q221457
Liña 33: Liña 33:


[[Categoría:Estados desaparecidos de Europa]][[Categoría:Historia de Polonia]]
[[Categoría:Estados desaparecidos de Europa]][[Categoría:Historia de Polonia]]

[[es:Polonia del Congreso]]

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2013 ás 23:21

Modelo:País desaparecidoO Reino do Congreso ou Reino de Polonia é unha entidade política, creada no Congreso de Viena en 1815 a partir do Ducado de Varsovia, cando as grandes potencias europeas se reorganizaron logo das guerras napoleónicas.

Historia

Nacemento do reino

O nacemento do Reino do Congreso se debe en gran medida ós esforzos de Adam Jerzy Czartoryski, polaco e ministro de asuntos exteriores ruso, que quería resucitar a Polonia como un aliado de Rusia. Obtén unha constitución liberal para o novo reino, que é moi parecida á do Ducado de Varsovia. Ademais, o Reino do Congreso, tiña unha armada e o seu propio goberno. Oficialmente, foi unha monarquía constitucional co tsar de Rusia levando o título de Rei de Polonia. A Dieta podía votar ás leis e era responsable do vicerrei representante do tsar. O 9 de decembro de 1815, o cargo de gobernador foi designado na persoa de príncipe Józef Zajaczek, que ocupará o cargo ata a súa morte en 1826.

A fin das Ilusións

O Reino do Congreso non durou máis de quince anos. Os problemas comezaron cando Nicolao I foi coroado tsar. Nicolao I, non tolerou ningunha restrición ós seus poderes en Polonia. Nomea o gran duque Constantino Romanov vicerrei de Polonia. Este quixo impoñer unha disciplina prusa no seo da armada do reino e os militares comezaron a conspirar el. Mentres que os rusos prevían utilizar ó exército do reino para intervir contra os movementos revolucionarios en Francia e Bélxica, o subtenente Piotr Wysocki e o seu grupo trataron de asasinar o gran duque Constantino, desencadeando unha insurrección contra Rusia. En xaneiro de 1831, o tsar foi deposto pola Dieta por transgredir en numerosas ocasións a constitución. A resposta do tsar non foi outra que a de enviar as tropas para acabar coa revolta polaca.

A rusificación

Tras once meses de guerra, Rusia controlou a situación. A constitución foi abolida, e as tarifas aduaneiras establecéronse entre Rusia e o reino para frear o desenvolvemento da economía do reino. As autoridades rusas pecharon as universidades e escolas superiores. O papa Gregorio XVI outorga á bendición a Nicolao I por liquidar do Reino do Congreso toda a tolerancia que Alexandre I permitira. No 1832, a administración recaeu nun goberno militar, a cargo do xeneral Iván Paskievich, quen levou a cabo unha política de rusificación. No 1856, Mikhaïl Gortchakov o sucede como gobernador do Reino de Polonia ata o 30 de maio de 1861.

O país do Vistula

En 1863, xorde unha nova revolta, a Revolta de Xaneiro. Tras a derrota dos insurxentes, instaurouse unha política de rusificación total. O proceso de unificación con Rusia foi proposto coa fin de acabar coas institución do reino polaco creadas en 1815. O ruso converteuse na lingua oficial. En 1868, os territorios do Reino do Congreso, foron incorporados ó Imperio Ruso baixo o nome de País do Vístula (en ruso: Privislinsky Kray). O nome, Reino do Congreso, continua sendo empregado para designar estes territorios ó longo do século XIX, aínda que a entidade política do reino non exista xa.

No ano 1915, a armada rusa abandona o Reino a máns dos alemáns e austrohúngaros.