Pantín Classic: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Marcas: edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3986817
Liña 52: Liña 52:


[[Categoría:Deporte na Coruña]]
[[Categoría:Deporte na Coruña]]

[[en:The Ferrolterra Pantin Classic]]

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2013 ás 00:06

Coordenadas: 43°38′20.07″N 8°6′33.54″O / 43.6389083, -8.1093167

Pantín Classic

Praia de Pantín, Valdoviño.
Campionato de Surf
Fundado en 1989
Océano Surf Club
Organizado por: Club Praia de Pantín
web: pantinclassic.com

Pantín Classic é unha competición de surf, fun, body board e windsurf que faise tódolos anos dende 1989 na praia de Pantín[1] no concello de Valdoviño.


Historia

Nos anos 1980 xa había na zona de Ferrol unha importante afección ao surf e ás súas variantes. Estes afeccionados recibían un importante pulo tódolos veráns ca visita de turistas estranxeiros que achegábanse ata as costas de Ferrol seguindo a liña de costa do norte de España. As praias de Doniños, San Xurxo, A Frouxeira e Covas eran coñecidas fora de Galiza. Aínda sendo un deporte elitista e limitado a estamentos sociais moi concretos o surf gañou en difusión. En decembro de 1987 o grupo de afeccionados formado por Vicente Irisarri (que sería alcalde de Ferrol), Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo crean o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza[2]. Co apoio e os contactos axeitados foron quen de poñer en marcha unha competición de surf aproveitando o final do verán e que ás costas achegábanse surfeiros de toda Europa. O lugar elixido foi a praia de Pantín en Valdoviño. Un areal de mar aberto afastado da especulación urbanística e case virxe. A nova iniciativa, a praia de Pantín está a 20 km do centro de Ferrol, completouse cunha intelixente promoción. Durante o verán uns chamativos carteis con imaxes de surf podíanse ver nas tendas de material deportivo de Ferrol.

Cos anos a competeción estaría patrocinada por marcas internacionais como Red Bull, Quiksilver, Headworx ou Ballantines.

Marcas

A primeira edición do Pantín Classic fíxose en 1988 os días 23 e 25 de setembro co seguine palmarés[3].

Campións
Edición Surf Body board
1988 Jorge Imbert (País Vasco País Vasco)
Fernando Adarraga (Galicia Galicia)
Balbi Irisarri (Galicia Galicia)
Roberto Ziller ( Brasil)
Gonzalo Casal “Super”
Luis Veiga

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pantín Classic: 25 años de historia. Océano Surf Club (primeira edición 2007, 20 aniversario)

Ligazóns externas