Boletaceae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m homónimo: Píleo (micoloxía),
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q899266
Liña 67: Liña 67:


[[Categoría:Basidiomicetos]]
[[Categoría:Basidiomicetos]]

[[ar:بوليطية]]
[[cs:Hřibovité]]
[[da:Rørhat-familien]]
[[de:Dickröhrlingsverwandte]]
[[en:Boletaceae]]
[[es:Boletaceae]]
[[eu:Boletaceae]]
[[fi:Tatit]]
[[fr:Boletaceae]]
[[it:Boletaceae]]
[[ja:イグチ科]]
[[lt:Baravykiniai]]
[[lv:Beku dzimta]]
[[nl:Boletaceae]]
[[nn:Røyrsopp]]
[[no:Rørsopper]]
[[pl:Borowikowate]]
[[pt:Boletaceae]]
[[ru:Болетовые]]
[[sl:Cevarke]]
[[sv:Boletaceae]]
[[zh:牛肝菌科]]

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2013 ás 00:03

Boletaceae é unha familia de fungos basidiomicetos, cuxa principal característica é que liberan as súas esporas a través duns pequenos poros situados na parte inferior do píleo do seu cogomelo ou corpo frutífero. Non posúan láminas, como ocorre nos agáricos. A súa distribución é case tan ampla como a da dos agáricos, e o grupo inclúe o Boletus edulis, moi apreciado polos recolledores de cogomelos. Os Boletaceae constitúen un grupo de fungos relativamente seguros para o consumo humano, xa que non se coñecen especies que poidan resultar mortais para os adultos. No seu conxunto, as especies típicas desta familia coñécense vulgarmente como boletos.

Xéneros

A pesar de que os sucesivos cambios na taxonomía sacaron especies antes incluídas en Boletaceae a outros grupos, segue sendo unha familia moi numerosa. Recoñécense dentro deste grupo 35 xéneros, que conteñen un total de 787 especies:[1]

Moitos outros xéneros que anteriormente formaban parte deste taxon redefiníronse dentro doutras pequenas familias como resultado das análises moleculares de ADN, que demostran que moitas especies que fisicamente poden presentar similitudes están moi afastadas xeneticamente. Un dos exemplos máis representativos deste axuste é o traslado do xénero Suillus a Suillaceae.

Distribución

Phylloporus sp. en Wielangta, Tasmania.

Os boletos distribúense por todo o mundo, e atópanse en todos os continentes excepto na Antártida. Son ben coñecidos e foron detalladamente descritos desde antigo nas latitudes temperadas do hemisferio norte, aínda que investigacións máis recentes demostraron que existe unha significativa diversidade de especies de Boletaceae no hemisferio sur e as rexións tropicais. Só na illa de Singapur, o botánico E. J. H. Corner encontrou evidencias da existencia de polo menos 60 especies desta familia. En 1972 describiu 140 especies na península Malaia e en Borneo, e estimou que había polo menos un número igual de especies pendentes de ser descritas.[3] Tamén se fixeron declaracións similares acerca da rica biodiversidade da familia Boletaceae en Australia.

Notas

  1. Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA. (2008). CABI, ed. Dictionary of the Fungi. 10th ed. Wallingford. p. 96. ISBN 0-85199-826-7. 
  2. Desjardin DE, Binder M, Roekring S, Flegel T. (2009). "Spongiforma, a new genus of gasteroid boletes from Thailand". Fungal Diversity 37: 1–8. 
  3. Corner EJH (1972). Government Printing Office/Botanic Gardens, Singapore, ed. Boletus in Malaysia. 

Véxase tamén