Nestlé: Diferenzas entre revisións
→Véxase tamén: engadida bliografía |
|||
Liña 66: | Liña 66: | ||
[[Categoría:Empresas]] |
[[Categoría:Empresas]] |
||
[[als:Nestlé]] |
|||
[[ar:نستليه]] |
|||
[[az:Nestle]] |
|||
[[be:Nestlé]] |
|||
[[bg:Нестле]] |
|||
[[ca:Nestlé]] |
|||
[[ch:Nestlé]] |
|||
[[cs:Nestlé]] |
|||
[[cv:Nestle]] |
|||
[[da:Nestlé]] |
|||
[[de:Nestlé]] |
|||
[[el:Νεστλέ]] |
|||
[[en:Nestlé]] |
|||
[[es:Nestlé]] |
|||
[[fa:نستله]] |
|||
[[fi:Nestlé]] |
|||
[[fr:Nestlé]] |
|||
[[he:נסטלה]] |
|||
[[hi:नेस्ले]] |
|||
[[hr:Nestlé]] |
|||
[[hu:Nestlé]] |
|||
[[id:Nestlé]] |
|||
[[is:Nestlé]] |
|||
[[it:Nestlé]] |
|||
[[ja:ネスレ]] |
|||
[[jv:Nestle]] |
|||
[[ka:Nestlé]] |
|||
[[kk:Nestlé]] |
|||
[[ko:네슬레]] |
|||
[[la:Nestlé]] |
|||
[[lt:Nestlé]] |
|||
[[mk:Nestle]] |
|||
[[ms:Nestlé]] |
|||
[[nl:Nestlé]] |
|||
[[no:Nestlé]] |
|||
[[pl:Nestlé]] |
|||
[[pnb:نیسلے]] |
|||
[[pt:Nestlé]] |
|||
[[ro:Nestlé]] |
|||
[[ru:Nestlé]] |
|||
[[simple:Nestlé]] |
|||
[[sk:Nestlé]] |
|||
[[sv:Nestlé]] |
|||
[[ta:நெஸ்லே]] |
|||
[[th:เนสท์เล่]] |
|||
[[tl:Nestlé]] |
|||
[[tr:Nestlé]] |
|||
[[uk:Nestlé S.A.]] |
|||
[[vi:Nestlé]] |
|||
[[war:Nestlé]] |
|||
[[wuu:雀巢公司]] |
|||
[[zh:雀巢]] |
|||
[[zh-yue:雀巢]] |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 22:44
Nestlé | |
---|---|
Ficheiro:Nestle Logo.jpg | |
Sede de Nestlé en Vevey. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1866 |
Localización | Vevey Suíza |
Fundador | Henri Nestlé |
Persoas clave | Paul Bulcke |
Industria | Alimentación |
Produtos | Leite e derivados, chocolate, alimentos infantís, iogures, pasta, xelados, salsas, pratos precociñados. |
Beneficio | 67.836 millóns de euros |
Número de empregados | 328.000 (31 de decembro de 2011) |
Na rede | |
https://www.nestle.com/, https://empresa.nestle.es e https://www.recetasnestle.com.mx/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nestlé (Nestlé S.A. ou Société des Produits Nestlé S.A.) é unha empresa Suíza de alimentación con sede en Vevey. Nestlé é a maior empresa alimenticia do mundo por volume de vendas, ten unhas 461 fábricas en 83 países.
Historia
A empresa foi fundada polo farmacéutico de orixe alemá Henry Nestlé (10 de agosto de 1814 – 7 de xullo de 1890) en 1866. A orixe da empresa foi a fabricación de leite en po para bebés. Daniel Peter traballou en perfeccionar a fabricación de chocolate con leite, e Nestlé colaborou con el para amañar o problema da eliminación da auga do leite engadido ao chocolate e evitar así que o produto valorecese. Henri Nestlé retirouse do negocio en 1875 pero a empresa, cun novo propietario, conservou o seu nome como Société Farine Lactée Henri Nestlé. En 1905 fusionouse coa empresa Anglo-Swiss Condensed Milk Company que aínda sendo máis grande adoptou o nome de Nestlé. En 1947 a empresa troca o nome a Nestlé SA despois da adquisición de Fabrique de Produits Maggi SA fundada en 1884. Ata a Primeira Guerra Mundial a empresa tivo un rápido crecemento coa comercialización de leite condensado. Despois da guerra os clientes volveron a preferir o leite fresco e a empresa diversificouse producindo outros produtos. Durante a Segunda Guerra Mundial Nestlé sacou un novo produto: Nescafé, un café soluble instantáneo. Dende entón a Nestlé medrou mercando outras empresas e ampliando o negocio a outros sectores da alimentación e a cosmética.
Nestlé en Galiza
En España Nestlé instalouse en 1905 en La Penilla, Cantabria para a produción de leite infantil e despois leite condensado baixo a marca La Lechera. A sede en España estableceuse en 1920 en Barcelona. En España ten unhas vendas de 2.085 millóns de euros dando traballo a 5.910 persoas de xeito directo[1].
As orixes da fábrica de Nestlé en Pontecesures están en ILEPSA (Industria Lechera Peninsular, Sociedad Anónima) o 1 de febreiro de 1938. Iníciase a produción de leite condensada en probas o 16 de agosto de 1939, baixo a dirección de Arnaldo Semanedi. Elíxese Pontecesures como lugar para a fábrica por estar ben comunicado pola estrada Vigo-Santiago e polo seu porto polo que chega a folladelata para a fabricación dos botes e ao que chegaban os barcos cargados de leña empregada como combustible nas caldeiras da fábrica. Polo porto tamén saía parte da produción que era levada en barco ata o porto de Vilagarcía onde pasaba a buques máis grandes. Nestlé foi pioneira na recollida de leite en Galiza primeiro nas comarcas de Caldas de Reis e Moaña, e máis tarde a Lalín e Allariz. Nesas zonas creáronse centrais de frío para a recollida de leite e o seu transporte a Pontecesures. A finais de 1978, a fábrica pasou a producir baixo a marca La Lechera, ata entón fabricada en La Penilla de Cayón (Cantabria). En 1983 a fábrica de Pontecesures pasou a ser a única en España que producía ca marca Nestlé leite condensada, ata entón a produción repartíase en seis fábricas. En 1985, ILEPSA disolveuse e a fábrica pasóu a integrarse en Sociedad Nestlé, Anónima Española de Productos Alimenticios actual Nestlé España S.A. A fábrica de Pontecesures ten 35.000 m² de superficie, 13.800 m² construídos cunha capacidade de produción de 22.000 toneladas de leite condensada envasada baixo as marca: La Lechera, Aly, El Castillo ou NUTRICIA. O 35% da súa produción expórtase a uns 12 píses de Europa, África e Asia. A fábrica de Pontecesures ten certificacións ISO 9002 de calidade e ISO 14001 de xestión medioambiental. Na fábrica traballan 149 persoas[2].
Marcas da empresa
Algunhas das marcas máis coñecidas de Nestlé son:
- Nestlé
- Nesquik
- Frigo
- Nestea
- Solís (salsas)
- Maggi
- Kit Kat
- La Cocinera
- La Lechera (sobremesas)
- Purina Dog Chow
- Buitoni
- Litoral (pratos precociñados)
- Nespresso
- Aquarel
- Nescafé
- Perrier
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- LA FÁBRICA DE NESTLÉ EN PONTECESURES Gabinete de prensa de Nestlé España SA marzo de 2010
Ligazóns externas
- Páxina web de Nestlé (en varias linguas)