Bleda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: tl:Bleda
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 23 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q313490
Liña 12: Liña 12:
[[Categoría:Monarcas]]
[[Categoría:Monarcas]]
[[Categoría:Hunos]]
[[Categoría:Hunos]]

[[bg:Бледа]]
[[ca:Bleda (hun)]]
[[da:Bleda]]
[[de:Bleda]]
[[en:Bleda]]
[[es:Bleda]]
[[fr:Bleda]]
[[he:בלדה ההוני]]
[[hu:Bleda]]
[[it:Bleda]]
[[ja:ブレダ (フン族)]]
[[nl:Bleda (Hun)]]
[[pl:Bleda]]
[[pt:Bleda]]
[[ru:Бледа]]
[[sh:Bleda]]
[[sr:Бледа]]
[[sv:Bleda]]
[[tl:Bleda]]
[[tr:Bleda]]
[[uk:Бледа]]
[[vi:Bleda]]
[[zh:貝里達]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 18:47

Bleda (390-445), ou Buda (segundo as crónicas húngaras) foi un dos dous xefes que tiveron os hunos asentados en Europa Oriental entre 434 e 445. O outro xefe era Atila, o seu irmán, que herdou o trono xunto con el trala morte do seu tío Rugas.

Biografía

Segundo a tradición, Bleda e Atila naceron de Bendeguz, o líder dos hunos. Nun primeiro momento, Atila e Bleda optaron por proseguir coa paz cos romanos. Polo tratado de Margus (hoxe Požarevac), o Imperio romano de Oriente duplicaba os tributos anuais ós hunos e entregáballes varias tribos xermánicas que desertaran do exército huno e se refuxiaran á outra beira do Danubio. Durante os 5 anos seguintes mantívose a paz, e Atila e Bleda aproveitaron para realizar incursións contra o Imperio sasánida, aínda que foron finalmente derrotados cando trataban de conquistar Armenia.

No 439, hunos e romanos acusáronse mutuamente de romper el tratado de Margus. En consecuencia, volveu haber a guerra entre ambos, e os exércitos de Atila e Bleda destruíron ou tomaron as cidades romanas de Viminacium, Margus, Sigindunum (Belgrado) e Sirmium. Tras unha breve tregua en 442, os hunos continuaron os seus ataques e saquearon Ratiara, Naissus (Niš), Serdica (Sofía), Filipópolis (Plovdiv) e Arcadiópolis. Antes de que a situación se volvese aínda máis crítica, o emperador Teodosio II admitiu a súa derrota e comprometeuse a entregar unha indemnización de 1963 quilos de ouro ós hunos, ademais de triplicar os tributos acordados en Margus e pagar 12 sólidos por cada prisioneiro romano liberado.

Bleda morreu no ano 445, ó parecer durante unha cacería xunto co seu irmán Atila. Sempre se especulou que a súa morte non foi accidental.

Predecesor:
Rugas
Xefe dos hunos
434-445
Sucesor:
Atila