Goberno da Comunidade de Madrid: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q578788
Liña 43: Liña 43:
[[Categoría:Gobernos autonómicos de España|Madrid]]
[[Categoría:Gobernos autonómicos de España|Madrid]]
[[Categoría:Política da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Política da Comunidade de Madrid]]

[[es:Gobierno de la Comunidad de Madrid]]
[[eu:Madrilgo Erkidegoko Gobernua]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 18:03

Real Casa de Correos, sede do Goberno.

O Goberno da Comunidade de Madrid (oficialmente Gobierno de la Comunidad de Madrid) é o órgano colexiado que dirixe a política da Comunidade de Madrid (España), correspondéndolle as funcións executivas e administrativas, así como o exercicio da potestade regulamentaria en materias non reservadas neste Estatuto á Asemblea de Madrid.

Ten a súa sede na Real Casa de Correos na Porta do Sol de Madrid e, desde 2012, o presidente do Goberno da Comunidade de Madrid é Ignacio González González (PP) en substitución de Esperanza Aguirre.

Membros

O Goberno estará composto polo Presidente, o ou os Vicepresidentes, no seu caso, e os Conselleiros. Os membros do Goberno serán nomeados e cesados polo Presidente.

Para ser Vicepresidente ou Conselleiro non será necesaria a condición de Deputado.

Réxime de incompatibilidades

Os membros do Goberno non poderán exercer outras actividades laborais, profesionais ou empresariais que as derivadas do exercicio do seu cargo. O réxime xurídico e administrativo do Goberno e o Estatuto dos seus membros será regulado por Lei da Asemblea.

Responsabilidade

O Goberno responde politicamente ante a Asemblea de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada Conselleiro pola súa xestión.

A responsabilidade penal do Presidente de Goberno, Vicepresidentes e dos Conselleiros será exixible ante a Sala do Penal do Tribunal Supremo. No entanto, a dos Vicepresidentes e Conselleiros para os delitos cometidos no ámbito territorial da súa xurisdición será exixible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Ante as Salas correspondentes dos mesmos Tribunais, respectivamente, será exixible a responsabilidade civil en que ditas persoas incorresen con ocasión do exercicio dos seus cargos.

Cesamento

O Goberno cesa tras a celebración de eleccións á Asemblea, nos casos de perda de confianza parlamentaria e en caso de dimisión, incapacidade ou falecemento do Presidente.

O Goberno cesante continuará en funcións ata a toma de posesión do novo Goberno.

Conselleiros

En 2012 a estrutura do goberno é a seguinte:

Véxase tamén

Ligazóns externas