Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: pt:Soraya Sáenz de Santamaría
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 16 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q41267
Liña 58: Liña 58:
[[Categoría:Nados en Valladolid]]
[[Categoría:Nados en Valladolid]]
[[Categoría:Nados en 1971]]
[[Categoría:Nados en 1971]]

[[an:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[be-x-old:Сарая Саэнс дэ Сантамарыя]]
[[ca:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[de:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[en:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[eo:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[es:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[eu:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[fr:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[it:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[nl:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[no:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[pt:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[ru:Саэнс де Сантамария, Сорайя]]
[[sk:Soraya Sáenz de Santamaría]]
[[sv:Soraya Sáenz de Santamaría]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 10:36

Soraya Sáenz de Santamaría
Ficheiro:Soraya Sáenz de Santa María tras el consejo de ministros del 18 de enero de 2013.jpg
María Soraya Sáenz de Santamaría Antón
Datos persoais
Nacemento10 de xuño de 1971
 España Valladolid
OrganizaciónPartido Popular
Alma máterUniversidade de Valladolid
ProfesiónAvogada do Estado e profesora de Dereito administrativo
Relixióncatolicismo
Na rede
Twitter: Sorayapp Dialnet: 1195515 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nado en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Desde o 22 de decembro de 2011 é vicepresidenta, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno de España presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Biografía

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]

Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]

Carreira política

En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e portavoz do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9]

Notas


Predecesor:
Eduardo Zaplana
 
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España
 
2008 - 2011
Sucesor:
Alfonso Alonso
Predecesor:
Elena Salgado
 
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España
 
2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Ramón Jáuregui
 
Ministra de Presidencia de España
 
2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José Blanco
 
Portavoz do Goberno de España
 
2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén

Ligazóns externas