Gran Premio de Mónaco de 1970: Diferenzas entre revisións
→Véxase tamén: wikificar |
|||
Liña 323: | Liña 323: | ||
[[Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1]] |
[[Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1]] |
||
[[Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1970]] |
[[Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1970]] |
||
[[ca:Gran Premi de Mònaco del 1970]] |
|||
[[de:Großer Preis von Monaco 1970]] |
|||
[[en:1970 Monaco Grand Prix]] |
|||
[[es:Anexo:Gran Premio de Mónaco de 1970]] |
|||
[[fr:Grand Prix automobile de Monaco 1970]] |
|||
[[it:Gran Premio di Monaco 1970]] |
|||
[[hu:1970-es Formula–1 monacói nagydíj]] |
|||
[[nl:Grand Prix Formule 1 van Monaco 1970]] |
|||
[[pl:Formuła 1 - Grand Prix Monako 1970]] |
|||
[[pt:Grande Prêmio de Mônaco de 1970 (Fórmula 1)]] |
|||
[[ru:Гран-при Монако 1970 года]] |
|||
[[sl:Velika nagrada Monaka 1970]] |
|||
[[fi:Monacon Grand Prix 1970]] |
|||
[[sv:Monacos Grand Prix 1970]] |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 00:06
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 3 de 13 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1970. | ||
Trazado do circuíto de Mónaco. | ||
Data | 10 de maio de 1970 | |
Nome oficial | XXVIII Gran Premio de Mónaco | |
Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´145 km | |
Distancia | 80 voltas, 251´6 km | |
Clima | Cálido,sol | |
Pole position | ||
Piloto | Modelo:RUb Jackie Stewart | March-Ford |
Tempo | 1:24.0 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Jochen Rindt | Lotus-Ford |
Tempo | 1:23.2 na volta 80 | |
Podio | ||
Primeiro | Jochen Rindt | Lotus-Ford |
Segundo | Jack Brabham | Brabham-Ford |
Terceiro | Henri Pescarolo | Matra |
O Gran Premio de Mónaco de 1970 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1970 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1970.
Resumo
Non houbo cambios significativos na liña de saida de Mónaco, a única noticia foi Ronnie Peterson, participando cun March privado. O equipo Lotus decidiu levar o vello 49 en vez do novo chasis 72, a pesar das probas nunha carreira non de campionato en Silverstone un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con Jackie Stewart na pole (para o equipo Tyrrell) e Chris Amon a seu carón. O terceiro lugar foi para o McLaren de Denny Hulme, e o cuarto para o Brabham de Jack Brabham; detrás deles estaba o Ferrari de Jacky Ickx. O primeiro piloto de Lotus foi Jochen Rindt, cualificou en oitavo lugar.
A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e Jean-Pierre Beltoise detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en España, pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. Esto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facendoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do BRM de Jackie Oliver fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.
Case ao mesmo tempo, Hulme tivo problemas co embrague do seu McLaren, saltaron as engrenaxes do cambio, polo caiu por detrás de Rindt e Pescarolo, na volta 62 fallou a suspensión de Amón, e viuse obrigado a retirarse, deixando ao austriaco no segundo lugar, nove segundos por detrás de Brabham. Logo aumentou o seu ritmo, e cara ás últimas voltas estaba pegado ao australiano. A vitoria de Brabham parecía estar en camiño, resistindo toda a presión que Rindt exercía sobre él. Pero sucedeu o incrible: saíuse da liña de carreira para evitar un coche máis lento en Gazomètre, na última curva da última volta, Brabham derrapou sobre a superficie polvorienta e foise directamente ás balas de palla, entregándolle a vitoria a Rindt ( unha vitoria recibida cun gran salto de alegría por Colin Chapman). Brabham volveu rapidamente á pista e terminou a carreira en segunda posición. O terceiro lugar foi para Pescarolo nun Matra, mentres que as restantes posicións para os puntos foron para Hulme, Graham Hill (que se abriu camiño desde o último lugar da grella) e Pedro Rodríguez.
Clasificación
Posicións logo da carreira
|
|
- Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1970 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1970 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1970 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1969 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1971 |
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1970 |
Ligazóns externas
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 3 February 2008. Consultado o 2008-01-15.