Provincias ilirias: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[Categoría:Historia de Eslovenia]] |
[[Categoría:Historia de Eslovenia]] |
||
[[Categoría:Historia de Montenegro]] |
[[Categoría:Historia de Montenegro]] |
||
[[an:Provincias Ilirianas]] |
|||
[[ca:Províncies Il·líriques]] |
|||
[[cs:Ilyrské provincie]] |
|||
[[de:Illyrische Provinzen]] |
|||
[[en:Illyrian Provinces]] |
|||
[[es:Provincias Ilirias]] |
|||
[[fr:Provinces illyriennes]] |
|||
[[hr:Ilirske pokrajine]] |
|||
[[it:Province illiriche]] |
|||
[[ja:イリュリア州]] |
|||
[[nl:Illyrische Provincies]] |
|||
[[pl:Prowincje Iliryjskie]] |
|||
[[ru:Иллирийские провинции]] |
|||
[[sh:Ilirske pokrajine]] |
|||
[[sl:Ilirske province]] |
|||
[[sq:Krahinat Ilire]] |
|||
[[sr:Илирске провинције]] |
|||
[[sv:Illyriska provinserna]] |
|||
[[uk:Іллірійські провінції]] |
Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 12:05
Modelo:País desaparecido O das Provincias Ilirias (Provinces illyriennes, en francés) foi un estado satélite do Primeiro Imperio francés situado ea costa norte e leste do mar Adriático, no que foi a rexión histórica de Iliria.
As Provincias Ilirias creáronse o 14 de outubro de 1809 a raíz do Tratado de Schönbrunn, polo cal, entre outras disposicións, o Imperio austríaco cedía ao Imperio napoleónico Trieste e Dalmacia. A estes territorios sumouse a República de Ragusa, anexionada por Francia un ano antes.
A autoridade francesa levábaa a cabo un Gobernador Xeral, o primeiro dos cales foi Auguste Marmont. Entre as novidades que se implantaron destaca a instauración dun código civil (copia do francés) na rexión, e a utilización dos idiomas eslavos (esloveno e croata) no ensino.
En agosto de 1813, Austria declarou de novo a guerra a Napoleón e invadiu as Provincias Ilirias, apoiada polas tropas croatas que desertaban dos exércitos franceses. Pouco despois, en Dubrovnik, estalaba unha insurrección contra os franceses que os expulsou coa esperanza de restaurar a República de Ragusa. Porén, tras a ocupación austríaca, isto nunca chegou a consumarse.
Coa derrota definitiva de Napoleón en 1815, o Congreso de Viena ratificaba a soberanía austríaca na rexión e formáronse os Reinos de Iliria e de Dalmacia, como partes do Imperio austríaco.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bundy, Frank J. (1988). The Administration of the Illyrian Provinces of the French Empire, 1809-1813. Taylor & Francis. Texto " ISBN 0-8240-8032-7 " ignorado (Axuda)