Axuda:Introdución ás páxinas de conversa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q8615450
Liña 15: Liña 15:


[[Categoría:Información básica sobre a Wikipedia|{{PAGENAME}}]]
[[Categoría:Información básica sobre a Wikipedia|{{PAGENAME}}]]

[[en:Help:Introduction to talk pages]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 05:37

Páxinas de conversa   Conversas de usuario   Estrutura   Resumo    
Atallo:
INTRO:CONVERSA
A lapela da conversa.

Se tes algunha pregunta, comentario ou asunto relacionado coa mellora dun artigo, deixa unha nota na súa páxina de conversa. Para isto, preme sobre a lapela "conversa" no canto superior da páxina. Se a ligazón é de cor vermella só quere dicir que ninguén comentou aínda sobre esta páxina: síntete libre de seres o primeiro en dar unha opinión.

Cando comeces un novo asunto, escríbeo ao final da páxina de conversa. Non obstante, se estás a contestar ao que alguén expuxo, inclúe o teu comentario debaixo do desa persoa, usando a ligazón "editar" á dereita da cabeceira da sección.

Cómpre lembrar que debes asinar sempre os teus comentarios inserindo "~~~~" ou premendo na icona "" do formulario de edición. Isto engadirá automaticamente a túa sinatura e a hora á que fixeches o comentario ao gardares a páxina. Podes elixir o xeito en que se mostra a túa sinatura se creaches unha conta. Se non accediches ao sistema, usarase o número do teu enderezo IP para representar o teu ordenador na sinatura, e como recoñecemento das túas edicións como anónimo.