Himenópteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Elisardojm moveu a páxina "Himenóptero" a "Himenópteros": Os nomes de taxóns van en plural
Lameiro (conversa | contribucións)
alfabetizo cat.
Liña 40: Liña 40:
Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de [[cromosoma]]s ([[determinación do sexo por haplodiploidía]]). O individuo que é diploide (os que posúen dúas series de cromosomas) é femia e o que é haploide (a metade do número de cromosomas) é macho. Como consecuencia as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia. [[William Donald Hamilton]] formalizou o concepto da [[selección de parentesco]] que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.

[[Categoría:Himenópteros]]
[[Categoría:Himenópteros| ]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 01:11

Hymenoptera

Vespula germanica

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Antropoda
Subfilo: Mandibulata
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Subordes

Os himenópteros (Hymenoptera) son unha grande orde de insectos con alas membranosas nas cales se poden facilmente ver os vasos sanguíneos. O grupo inclúe, entre outros abellas, avespas, abesouros e formigas, probabelmente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo, hai descritas 125.000 especies diferentes, pero probablemente o número total de especies é moito maior.

Características

A maioría dos himenópteros teñen dous pares de alas transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das flores. As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.

As formigas viven en comunidades

Sexo

Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía). O individuo que é diploide (os que posúen dúas series de cromosomas) é femia e o que é haploide (a metade do número de cromosomas) é macho. Como consecuencia as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia. William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.