Tetrapirrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q422399
Liña 27: Liña 27:
[[Categoría:Compostos químicos]]
[[Categoría:Compostos químicos]]
[[Categoría:Tetrapirrois]]
[[Categoría:Tetrapirrois]]

[[ca:Tetrapirrol]]
[[de:Tetrapyrrole]]
[[en:Tetrapyrrole]]
[[es:Tetrapirrol]]
[[fr:Tétrapyrrole]]
[[ja:テトラピロール]]
[[nl:Tetrapyrrool]]
[[ru:Порфириноген]]
[[sr:Tetrapirol]]
[[sv:Tetrapyrrol]]
[[ug:تېتراپىررول]]
[[zh:四吡咯]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 01:10

Algunhas formas pirrólicas (Pirrol, Porfina, Porfirina, Porfirinóxeno.

Un tetrapirrol é un composto que contén catro aneis pirrol. Coa excepción da corrina, os catro aneis pirrólicos están interconectados por medio de pontes dun carbono, que poden ser metino ou metileno (tamén chamado meteno), tanto con disposición linear coma cíclica. Debido á súa capacidade de formaren complexos metálicos e aos seus dobres enlaces conxugados que absorben luz, estes compostos son moi importantes nos sistemas biolóxicos.

Tipos

Poden ser de dous tipos: lineares e cíclicos.

Os tetrapirrois lineares (bilanos) presentan tres pontes dun carbono. Entre eles están:

  • Produtos da degradación do grupo hemo, como por exemplo os pigmentos biliares como a bilirrubina.
  • As ficobilinas, pigmentos captadores de luz propios das cianobacterias, como a ficocianobilina e a ficoeritrobilina.
Un exemplo de tetrapirrol linear é a ficocianobilina.

Os tetrapirrois cíclicos presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:

  • As porfirinas. Por exemplo o hemo, que deriva da protoporfirina IX e contén ferro, e forma o grupo prostético da hemoglobina, mioglobina, citocromos, catalases e peroxidases.
  • As clorinas. As máis importantes son as clorofilas, por exemplo a clorofila a, que tamén conteñen unha protoporfirina IX modificada e presentan magnesio.
  • As corrinas, que cambiaron unha das pontes metino convencionais por un enlace directo interpirrólico.

Bibliografía

  • J. M. Macarulla, F. M. Goñi, Biomoléculas. Reverté s.a.

Véxase tamén

Ligazóns externas