Robert L. Carneiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2157960
Liña 22: Liña 22:
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América]]

[[de:Robert L. Carneiro]]
[[en:Robert L. Carneiro]]

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2013 ás 17:11

Robert Leonard Carneiro, nado en Nova York o 4 de xuño de 1927, é un antropólogo estadounidense e actual director do Museo Americano de Historia Natural.

Traxectoria

Fillo de portugueses emigrados aos Estados Unidos, licenciouse en antropoloxía en 1949 na Universidade de Michigan e doutorouse na mesma especialidade e na mesma universidade en 1957. Foi profesor da Universidade de Wisconsin entre 1956 e 1957 e posteriormente traballou vinculado ao Museo Americano de Historia Natural, en paralelo a diversos cargos como profesor visitante na Universidade de California, a Universidade de Victoria e na Universidade de Columbia.

Un dos máis importantes evolucionistas sociais[1], é coñecido maiormente pola súa teoría sobre a formación do estado, a teoría da circunscrición de Carneiro, que sostén que son as limitacións do contorno, as presións demográficas e os conflitos bélicos os que acaban por conformar os estados soberanos[2]. Ten feito tamén sobranceiras contribucións á teoría xeral da evolución cultural, como as que relacionan os resultados dos conflitos bélicos e a súa reincidencia cos ecosistemas en que tales enfrontamentos se producen.

Obra

Algunhas das súas publicacións foron recollidas en libro:

  • The Muse of History and the Science of Culture (2000).
  • Evolutionism in Cultural Anthropology: A Critical History (2003).
  • The Evolution of the Human Mind From Supernaturalism to Naturalism An Anthropological Perspective. (2010).
  • Diary of a Football Handicapper (sobre o mundo das apostas deportivas) (2006)

Novela

  • In Solemn Conclave (2004)

Notas

  1. Sanderson, S. K. 2007. Evolutionism and its Critics: Deconstructing and Reconstructing an Evolutionary Interpretation of Human Society. Boulder, CO: Paradigm. P.161-171
  2. Carneiro, R. L. 1970. A Theory of the Origin of the State. Science 169: 733–738