Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 49: | Liña 49: | ||
===Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia=== |
===Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia=== |
||
O ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia |
O ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia.<ref>[http://www.xunta.es/estatuto Estatuto de Autonomía de Galicia] na web da [[Xunda de Galicia]].</ref> A Escola Oficial de Idiomas que existe naquel intre en Galicia, a da Coruña, é transferida á comunidade autónoma galega polo Real Decreto 1.763/1982.<ref>[http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1982-19649 Real Decreto 1763/1982, de 24 de julio, sobre traspaso de funciones y servicios de la Administración del Estado a la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de educación] no [[BOE]] {{es}}.</ref> Posteriormente o goberno galego crea máis Escolas, ata chegar ás once Escolas Centrais e vintesete Seccións que existen na actualidade. |
||
En Galicia hai EOI nos concellos de [[Vigo]], [[Santiago de Compostela]], [[A Coruña]], [[Lugo]], [[Ourense]], [[Pontevedra]], [[Cedeira]], [[Monforte de Lemos]], [[Ribadeo]], [[Viveiro]], [[Vilagarcía]] e [[Ferrol]], os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de [[Ponferrada]] e [[Madrid]]. |
En Galicia hai EOI nos concellos de [[Vigo]], [[Santiago de Compostela]], [[A Coruña]], [[Lugo]], [[Ourense]], [[Pontevedra]], [[Cedeira]], [[Monforte de Lemos]], [[Ribadeo]], [[Viveiro]], [[Vilagarcía]] e [[Ferrol]], os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de [[Ponferrada]] e [[Madrid]]. |
||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 28 de marzo de 2013 ás 17:03
As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de España conforman unha rede de centros oficiais de nivel non universitario dedicados á ensinanza especializada de idiomas modernos. As EEOOII son centros dependentes das Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas e están enmarcadas dentro dos centros de réxime especial.
Escolas Oficiais de Idiomas en España
En España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:
- Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
- Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:
- Nivel Básico
- Nivel Intermedio
- Nivel Avanzado
Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.
Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.
As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:
- A elaboración de currículos que desenvolvan os contidos mínimos do Real Decreto 1523/1989.
- A harmonización das probas de nivel e dos exames libres realizados nas diferentes E.O.I., que xa fora iniciada nalgunhas Comunidades Autónomas.
- A adaptación das súas ensinanzas ó Marco Común de Referencia Europeo para a Aprendizaxe, a Ensinanza e a Avaliación de Linguas Estranxeiras.[1]
A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar de iso están utilizándose como referencia para a matriculación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).
Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia
O ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[2] A Escola Oficial de Idiomas que existe naquel intre en Galicia, a da Coruña, é transferida á comunidade autónoma galega polo Real Decreto 1.763/1982.[3] Posteriormente o goberno galego crea máis Escolas, ata chegar ás once Escolas Centrais e vintesete Seccións que existen na actualidade.
En Galicia hai EOI nos concellos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cedeira, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Vilagarcía e Ferrol, os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de Ponferrada e Madrid.
Notas
- ↑ Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación no Instituto Cervantes (en castelán).
- ↑ Estatuto de Autonomía de Galicia na web da Xunda de Galicia.
- ↑ Real Decreto 1763/1982, de 24 de julio, sobre traspaso de funciones y servicios de la Administración del Estado a la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de educación no BOE (en castelán).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- EEOOII.NET: portal das Escolas Oficiais de Idiomas
- Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia
- Escola Oficial de Idiomas da Coruña
- Escola Oficial de Idiomas de Santiago
- Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos
- Escola Oficial de Idiomas de Ourense
- Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
- Escola Oficial de Idiomas de Vigo
- Escola Oficial de Idiomas de Lugo
- Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
- Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada
- Escola Oficial de Idiomas de Madrid