James L. Brooks: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:제임스 L. 브룩스
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q95125
Liña 20: Liña 20:
[[Categoría:Produtores de televisión]]
[[Categoría:Produtores de televisión]]
[[Categoría:Nados en Nova York]]
[[Categoría:Nados en Nova York]]

[[be:Джэймс Брукс]]
[[cs:James L. Brooks]]
[[da:James L. Brooks]]
[[de:James L. Brooks]]
[[el:Τζέιμς Λ. Μπρουκς]]
[[en:James L. Brooks]]
[[es:James L. Brooks]]
[[eu:James L. Brooks]]
[[fi:James L. Brooks]]
[[fr:James L. Brooks]]
[[he:ג'יימס ל. ברוקס]]
[[hr:James L. Brooks]]
[[id:James L. Brooks]]
[[is:James L. Brooks]]
[[it:James L. Brooks]]
[[ja:ジェームズ・L・ブルックス]]
[[ko:제임스 L. 브룩스]]
[[nl:James L. Brooks]]
[[no:James L. Brooks]]
[[pl:James L. Brooks]]
[[pt:James L. Brooks]]
[[ru:Брукс, Джеймс]]
[[sh:James L. Brooks]]
[[simple:James L. Brooks]]
[[sr:Džejms L. Bruks]]
[[sv:James L. Brooks]]
[[tr:James L. Brooks]]
[[zh:詹姆斯·L·布鲁克斯]]

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2013 ás 11:26

James Lawrence Brooks, nado o 9 de maio de 1940 en Nova York, é un director, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria

Brooks naceu no barrio de Brooklyn pero criouse en North Bergen, dentro da área metropolitana de Nova York; comezou a realizar un curso de relacións públicas na Universidade de Nova York pero deixou os estudos sen rematar, traballando na CBS e tras dous anos acadou un posto como escritor para a CBS News. En 1965 mudouse para Os Ánxeles, traballando como escritor para documentais de David L. Wolper, tras coñecer ao produtor Allan Burns conseguiu un traballo como guionista na serie My Mother the Car, traballou en numerosas outras series e en My Friend Tony (1969) foi o xefe de guionistas, creando en 1969 a serie Room 222. Grant Tinker contratou a Brooks e Burns para MTM Productions, creando The Mary Tyler Moore Show en 1970, unha das primeiras series en amosar unha muller traballadora, solteira e independente como protagonista principal recibiu boas críticas e supuxo o primeiro Emmy para Brooks. Rhoda (1974-1978) e Lou Grant (1977-1982), tamén ideadas por Brooks e Burns, apareceron como series derivadas de Mary Tyler Moore. En 1978 deixou MTM Productions para crear, xunto a outros empregados de MTM, a produtora John Charles Walters Company, onde creou a serie Taxi (1978-1982) que gañou múltiples Emmys pero que se cancelou dúas veces polos seus baixos índices de audiencia.

En 1979 comezou a traballar no cine, nese ano escribiu e coproduciu o filme Starting Over. En 1983 produciu, escribiu e produciu Terms of Endearment, que gañou tres Óscar. Baseou o seu seguinte filme Broadcast News nas súas propias experiencias xornalísticas, recindo dúas candidaturas aos Óscars. O seu traballo de 1994 I'll Do Anything non tivo boas críticas e As Good as It Gets (1997, coescrito con Mark Andrus) foi un éxito de taquilla. Non realizou outro filme ata 2004, Spanglish. En 2010 foi a estrea do seu sexto filme How Do You Know, was released in 2010. Brooks also produced and mentored Cameron Crowe on Say Anything... (1989) and Wes Anderson and Owen Wilson on Bottle Rocket (1996).

Brooks volveu á televisión en 1987 como o produtor executivo de The Tracey Ullman Show e contratou a Matt Groening para crear unha serie de curtas animadas para o programa, que acabaron por ter a súa propia serie independente The Simpsons en 1989, que gañou numerosos premios e que despois de máis de vinte anos aínda se segue a producir. Brooks tamén coproduciu e coescribiu a adaptación ao cine The Simpsons Movie (2007)

Ao longo da súa carreira Brooks recibiu 47 candidaturas aos Emmy, gañando 20.[1]

Notas

  1. "Primetime Emmy Awards Advanced Search". Emmys.org. Consultado o 2009-02-10.