Batalla de Camlann: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q862619
Liña 27: Liña 27:
[[Categoría:Batallas]]
[[Categoría:Batallas]]
[[Categoría:Batallas do século VI]]
[[Categoría:Batallas do século VI]]

[[br:Emgann Camlann]]
[[cy:Brwydr Camlan]]
[[de:Schlacht von Camlann]]
[[el:Μάχη του Κάμλαν]]
[[en:Battle of Camlann]]
[[eo:Batalo de Camlann]]
[[es:Batalla de Camlann]]
[[eu:Camlanngo gudua]]
[[fr:Bataille de Camlann]]
[[it:Battaglia di Camlann]]
[[ja:カムランの戦い]]
[[ko:캄란 전투]]
[[nl:Slag bij Camlann]]
[[pl:Bitwa pod Camlann]]
[[pt:Batalha de Camlann]]
[[sh:Bitka kod Camlanna]]
[[sv:Slaget vid Camlann]]
[[vi:Trận Camlann]]
[[zh:剑栏之战]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 18:04

"Como Mordred foi morto por Artur, e como aquel conseguiu ferir fatalmente a Artur", por Arthur Rackham

A Batalla de Camlann foi a batalla final do rei Arturo contra Sir Mordred, e nela o monarca foi ferido mortalmente.

Historia

O arqueólogo Leslie Alcock data a batalla de Camlann no ano 490. A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos Annales Cambriae, onde se relata que tal disputa ocorreu no ano 537, e menciona a Mordred (Medraut) mais non especifica que el e Artur loitaron en bandos contrarios:

Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt
(tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)

Mais os Annales de Tigernach sinala o ano 541[1] para tal batalla. Na Historia Regum Britanniae o historiador galés Godofredo de Monmouth comenta tamén a batalla. Hai moitas probabilidades de que esta batalla acontecese, mais non se sabe quen foron os protagonistas reais.

O lugar exacto da batalla tamén se descoñece, aínda que hai varias hipóteses. Un dos sitios é Queen Camel, en Somerset, cerca de Cadbury (identificado tamén co mítico Camelot). O río que flúe nos outeiros próximos é o Río Cam. Outros sitios máis ao norte son Birdoswald ou Castlesteads, perto da Muralla de Adriano (un dos cales leva o nome latino de Camboglanna). Outras localidades hipotéticas son o río Camel na fronteira de Cornualles, e o río Camlann en Eifionydd, Gales.

O combate entre Artur e Mordred, ilustrado por N.C. Wyeth

Lenda

Algunhas fontes din que a batalla foi ocasionada por un soldado que, contrariando as ordes do seu xeneral, desenvaiñou a súa espada para matar unha serpe. Tras este sinal, os exércitos do rei Artur e de Sir Mordred saíron á carga. A contenda durou unha xornada enteira de loita, tras a cal o minguado e moi inferior en número exército de Artur derrotou as sanguinarias hordas de saxóns de Mordred. Ambos os dous líderes caeron ao final do día, pero Artur, segundo conta a lenda, foi trasladado aínda vivo a Avalon.

Notas

  1. Jean Markale, Le Roi Arthur et la société celtique, Payot, 1976

Para máis información