CB Granada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 9 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2318786
Liña 58: Liña 58:


[[Categoría:Equipos de baloncesto de Andalucía|Granada]]
[[Categoría:Equipos de baloncesto de Andalucía|Granada]]

[[ca:Club Baloncesto Granada]]
[[en:CB Granada]]
[[es:Club Baloncesto Granada]]
[[fi:CB Granada]]
[[fr:CB Granada]]
[[it:Club Baloncesto Granada]]
[[ja:CBグラナダ]]
[[lt:Granada (krepšinio klubas)]]
[[ru:Гранада (баскетбольный клуб)]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 16:47

Club Baloncesto Granada
Información xeral
Liga Liga LEB
Fundación 1994
Historia C.A.B. Granada(1994-1996)
CB Granada S.A.D. (1996-actualidade)
Cores                Verde escuro, vermello, branco
Presidente Ramiro Pérez de la Blanca
Adestrador Curro Segura
Localización
Cidade Andorra Granada
España España
Pavillón Palacio Municipal de los Deportes de Granada (7.358)
http://www.cbgranada.com

O Club Baloncesto Granada SAD é o meirande equipo de baloncesto da cidade de Granada, Andalucía (España). na tempada 2011-12 xogará na Liga LEB, logo de descender da Liga ACB, a máxima competición do baloncesto español.

Traxectoria

O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja.

Tras participar dous anos na Liga EBA (na tempada 1995-96 ficou campión tras resultar invicto en tódolos partidos da fase final), o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada adquiriu os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo o Club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.

Na tempada 1998-99 descende á liga LEB, para lograr de novo o ascenso e o retorno á ACB na tempada 2000-01. Na tempada 2002-03 volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003-04 tras só unha tempada na LEB.

A andaina deste club partiu en Salamanca, en 1993, onde competiu 3 anos como Club Baloncesto Salamanca, chegando a clasificarse para a Copa Korac no seu último ano de existencia, e en 1996 a sociedade cambiou o domicilio e o nome cara a terras granadinas, tomando o nome de Club Baloncesto Granada que iniciara a súa andaina en 1994. Participou na Liga ACB, mais tamén na división inferior do baloncesto español, a Liga LEB. A súa mellor actuación ata o momento foi na tempada 2006-07, 2008-09 cando terminaron na 11ª posición da Liga ACB. Na tempada 2010-11 descende á liga LEB.

Cada ano dende 2004 organiza un torneo amigable, o Memorial Antonio Rodríguez Franco.

Denominacións

  • C.A.B SPAR GRANADA: 1995-1996
  • Covirán SIERRA NEVADA e Covirán CERVEZAS ALHAMBRA: 1996-1999
  • CLUB BALONCESTO GRANADA: 2000-presente.

Véxase tamén

Ligazóns externas