Sipúnculos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: war:Sipuncula
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q205712
Liña 73: Liña 73:


[[Categoría:Sipúnculos]]
[[Categoría:Sipúnculos]]

[[ar:مثيعبيات]]
[[az:Sipunkulidlər]]
[[bg:Сипункулиди]]
[[ca:Sipúncul]]
[[ceb:Ulod nga bituon]]
[[cs:Sumýšovci]]
[[de:Spritzwürmer]]
[[diq:Lulmalık]]
[[en:Sipuncula]]
[[es:Sipuncula]]
[[et:Konuvaglad]]
[[eu:Sipuncula]]
[[fi:Ruiskumadot]]
[[fr:Sipuncula]]
[[hr:Štrcaljci]]
[[hu:Fecskendőférgek]]
[[it:Sipuncula]]
[[ja:星口動物]]
[[ka:სიპუნკულიდები]]
[[ko:성구동물]]
[[lv:Sipunkuli]]
[[nl:Pindawormen]]
[[no:Sipunkulider]]
[[oc:Sipuncula]]
[[pl:Sikwiaki]]
[[pt:Sipuncula]]
[[ru:Сипункулиды]]
[[simple:Sipuncula]]
[[sk:Sipunkuly]]
[[sr:Сипункулиде]]
[[sv:Stjärnmaskar]]
[[th:หนอนถั่ว]]
[[tr:Fıstığımsı solucanlar]]
[[uk:Сипункуліди]]
[[vi:Ngành Sá sùng]]
[[war:Sipuncula]]
[[zh:星虫动物门]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 14:00

Sipúnculos

Sipuncula

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Sipuncula
Clases, Ordes e Familias

Os Sipúnculos (Sipuncula ou pequeno tubo) son un grupo de animais mariños que presentan simetría bilateral, son protóstomos, celomados non segmentados e sedentarios. Posúen unha forma alongada na que se diferencian dúas partes: a trompa e o tronco.

Adoitan vivir enterrados na area ou na lama, ou ben ocupan calquera espazo no que colla o seu corpo como unha fendedura dunha rocha, un tubo ou unha cuncha doutro animal.

Estes animais, aínda que non son moi abundantes, están moi estendidos: dende mares cálidos a polares, dende zonas superficiais a abisais, e actualmente coñécense unhas 320 especies [1]. O seu tamaño oscila entre os 2 mm e os 50 cm.

Características

As principais características deste Filo son as seguintes:

  1. Son animais protóstomos, celomados, pero sen segmentación e con simetría bilateral.
  2. O corpo presenta dúas partes: a trompa ou introverto, na que está a boca e o tronco que e máis longo e groso e no que están a maioría dos órganos internos.
  3. Dous nefridios de tipo mixonefridio, con nefrostoma e nefridióporo. Son animais amoniotélicos xa que expulsan a maior parte dos residuos en forma de amoníaco.
  4. Posúen un sistema nervioso semellante ao dos anélidos, con un cerebro dorsal e un anel nervioso periesofaxico, e un cordón nervioso ventral.
  5. Os órganos dos sentidos son múltiples e variados: teñen células neurosensoriais nos tentáculos, un órgano nucal quimiorreceptor, zonas ciliadas e ocelos tubulares.
  6. Os sexos están separados (macho, femia), e as gónadas son simples e proveñen do peritoneo os gametos son expulsados polos nefridios. A fecundación é externa.
  7. A segmentación é espiral formándose unha larva trocófora e o celoma é esquizocélico.

Notas

  1. Chapman, A.D. 2007. Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services, Toowoomba, Australia. ISBN (online) 978 0 642 56850 2

Bibliografía

  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 471-475 ISBN 84-368-0316-7


Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas