Tel Aviv: Diferenzas entre revisións
Liña 84: | Liña 84: | ||
== Panorama == |
== Panorama == |
||
[[Ficheiro:Universun 26PAN.jpg|thumb|1100px|center]] |
|||
[[Ficheiro:GushDanPano1.jpg|thumb|1100px|center]] |
|||
[[Ficheiro:TelAviv-Panorama3.jpg|thumb|1100px|center]] |
|||
[[Ficheiro:TA1011.jpg|thumb|800px|center]] |
[[Ficheiro:TA1011.jpg|thumb|800px|center]] |
||
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 11:17
Mapa | |
---|---|
Información | |
País | Israel |
Superficie | 50.6 km2 |
Poboación | 405.400, / 3.8 millóns (Met) (2012) |
Alcalde | Ron Huldai |
www.tel-aviv.gov.il Páxina Oficial |
Tel Aviv-Yafo (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.
A densidade de poboacion é de 7.445 persoas por km². Dacordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situabase nos 380.600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50.000 traballadores ilegais.
Orixe do nome
O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Outeiro (tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland ("A vella nova terra").
Cultura
En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.
Clima
Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.
Alcaldes da cidade
- Meir Dizengoff (1921–1925)
- David Bloch (1925–1927)
- Meir Dizengoff (1928–1936)
- Israel Rokach (1936–1952)
- Chaim Levanon (1953–1959)
- Mordechai Namir (1959–1969)
- Yehoshua Rabinowitz (1969–1974)
- Shlomo Lahat ("Chich") (1974–1993)
- Ronnie Milo (1993–1998)
- Ron Huldai (1998–)
Cidades irmás
Toulouse (1962) |
Cannes (1993) |
Barcelona (1998) |
Panorama
Galería de imaxes
-
Torre da Ópera
-
Escultura do Polbo, praia
-
Torres
-
Minarete e escultura, praia
-
Museo da Diáspora, acceso superior
-
Museo da Diáspora, acceso posterior
-
Tel Aviv, edificio Isrotel
-
Universidade de Tel Aviv, Centro do programa preparatorio
-
Colexio Académico de Educación de Achva
-
Museo Eretz Israel
-
Fonte do Zodiaco, Yafo-Tel Aviv
-
Torre do reloxio, Yafo-Tel Aviv
-
Grande Sinagoga de Tel Aviv
-
Boulevard Rothschild
-
Centro educativo do Museo de Arte
-
Auditorio Mann
-
Torres
-
Biblioteca Central
-
Museo de Arte
-
Torres
-
Torres
-
Torre Dizengoff
-
Tel Aviv Port
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tel Aviv |